A culpa do peche de Vestas e outras factorías eólicas é de rebáixaa luz decretada por Moncloa, di a patronal

A Asociación Eólica de Galicia (EGA) achaca á inseguridade xurídica "a caída" de centros como o de Vestas en Viveiro (Lugo), cuxo peche, anunciado para finais de ano, tacha de "pésima noticia" para a comarca e para o sector.

|

Ademais de criticar as medidas do bipartito de PSOE e Podemos, a EGA tamén carga -sen nomealo- contra o Bloque ao que acusa de mentir ao dicir que Galicia exporta enerxía.


Directiva da Asociaciu00f3n Eu00f3lica de Galicia reunidos co conselleiro e vicepresidente da Xunta Francisco Conde

Directiva da Asociación Eólica de Galicia reunidos co conselleiro e vicepresidente da Xunta Francisco Conde 



A Asociación Eólica de Galicia (EGA) achaca á inseguridade xurídica "a caída" de centros como o de Vestas en Viveiro (Lugo), cuxo peche, anunciado para finais de ano, tacha de "pésima noticia" para a comarca e para o sector.

Nun comunicado, a patronal eólica galega lamenta que España "acaba de penalizar os rendementos das empresas eléctricas como consecuencia da subida do prezo da luz; cando a razón está no gas e o petróleo --combustibles fósiles--, cuxos prezos se dispararon por diversas razóns geoestratégicas".

"Esta inseguridade xurídica provoca a fuxida de novos investimentos, cando non a caída de centros empresariais, como a fábrica de Vestas en Viveiro, que leva vinte e dous anos fornecendo xeradores e cadros eléctricos aos parques eólicos", afirma.

O seu anunciado peche é, incide, "unha pésima noticia para a comarca e para o propio sector". "Pero a explicación é sinxela: se non hai MW en desenvolvemento, non hai fábricas", asevera.


NON HAI PARQUES EN CONSTRUCIÓN

En Galicia, apunta que se instalaron 700 MW eólicos no últimos once anos, uns 400 en 2019 tras o parón e uns 100 na pandemia; e na actualidade "non se está construíndo ningún parque eólico".

EGA, segundo lembra, "viña reivindicando desde fai un par de anos a instalación de 400-500 MW anuais para poder manter o ritmo de investimentos e emprego, principalmente na industria auxiliar, algo que non se está cumprindo".

Nos últimos dous anos, segundo os seus datos, a Xunta publicou 41 parques que suman 1.163 MW e o ministerio 33 que suman 2.700 MW. La maioría dos parques do ministerio foron informados negativamente pola Xunta por estar fóra das áreas de desenvolvemento eólico, constata.

Pola súa banda, a Xunta aprobou no mesmo período dos dous últimos anos 10 declaracións ambientais, que afectan a 200 MW, e 12 autorizacións administrativas, que afectan a 250 MW. "Son cantidades claramente insuficientes, e aínda así algúns manteñen unha oposición sistemática á enerxía eólica", lamenta.


RESPOSTA Ao BLOQUE

Por outra banda, sinala que fronte a "as voces que falan de que Galicia exporta enerxía, a realidade di que entre o 70 e o 80 por cento da enerxía primaria que se consome en Galicia habitualmente procede de combustibles fósiles importados". Unha crítica clara ao BNG, que leva lustros pedindo unha tarifa eléctrica propia para Galicia con ese argumento. 



"Así que estamos obrigados a chegar a un acordo político e social a favor da enerxía eólica, verde e sostible, no canto de demonizarla", conclúen os empresarios.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE