Os casos de covid xamais baixaron tanto e durante tanto tempo a pesar de que cada vez hai menos restricións

Os casos activos tamén continúan á baixa, con 193 menos. A velocidade de descenso segue sendo elevada. Aínda que xa non é máis veloz a cada día que pasa, está a uns niveis sorprendentes, excepcionalmente bos dous meses despois do pico da quinta onda.


|



Os 75 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para seguir rebaixando a bo ritmo as medias de contagios. 


Os casos activos tamén continúan á baixa, con 193 menos. A velocidade de descenso segue sendo elevada. Aínda que xa non é máis veloz a cada día que pasa, está a uns niveis sorprendentes, excepcionalmente bos dous meses despois do pico da quinta onda.





incidencia acumulada semanal cae de 24 a 22. Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, estamos en risco baixo desde o sábado ao lograr baixar de 25 diagnósticos por 100.000 galegos á semana. Necesitamos baixar de 10 para conquistar a nova normalidade, algo que  nunca conseguimos desde que existe o semáforo, creado a finais de 2020.


incidencia acumulada a 14 días descende de 64 a 60 e segue en risco medio. Para entar en risco baixo necesita caer a 25, polo que lle falta aínda bastante camiño para conseguilo.


O dobre da incidencia semanal ( 44 ) é menor que a incidencia bisemanal ( 60 ). En concreto, a razón de taxas é de 0,76. Isto indica que na última semana houbo un 24% de positivos menos que na penúltima. Levamos todo setembro movéndonos en velocidades de descenso de entre 20% e 30%.

 A taxa de positividade onte foi do 2,4% que axuda a rebaixar a media semanal ao 3,12%. É o mellor índice desde finais de xuño.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -8% .A media semanal, o indicador máis relevante,  mantense en niveis excelentes, hoxe avanza na boa dirección, pasando de -7,2% a 7,73%. 





 



En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -193 ,que deixa o total en Galicia en  2.194 asos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia continúa perdendo terreo en Galicia a moita velocidade. A aceleración da melloría terminou pero o ritmo de descenso de mantén.  Levamos xa unha semana con medias inferiores ao 7%, algo excepcional, xamais visto en toda a pandemia. 

    REuBn porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia  (4)


  • Isto é unha noticia excelente, dado que polo ritmo normal da pandemia o ritmo de descenso debería baixar ou desaparecer ante o levantamento das restricións. 
  • A razón deste comportamento excepcional é a vacinación. 

DATOS POR ÁREAS

A Coruña ( 17 ) é a área que máis contagios achega. É a primeira vez nesta quinta onda que ningunha área supera os 20 contagios. Algunhas como Ferrol levan xa unha semana sen superar os 10.





Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE