Covid municipios: nin un positivo outra vez en todo o distrito de Ferrol e empeora a comarca de Lemos

Todas as cidades tenden á baixa nos seus positivos semanais, salvo Compostela. Ferrol é por agora a que única que conquistou o risco baixo, impulsada pola melloría do seu distrito, que suma o segundo día desta semana sen nin un só positivo. O resto de cidades está aínda en risco medio, en laranxa no mapa.


|


O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que son comarcas rurais as que soportan peores índices de positivos de coronavirus. En concreto, as de Lemos, Quiroga, Chantada e A Uloa. 


Nisto inflúe o empeoramento do brote na residencia Domus Vin Monforte, coñecido onte tras dez días do primeiro positivo comunicado. 


Na fronte urbana, todas as cidades tenden á baixa nos seus positivos semanais, salvo Compostela. Con todo, a alza en Santiago é modesta (uns 6% positivos semanais máis) e estase corrixindo (-5 no seu cómputo semanal hoxe). Ferrol é por agora a que única que conquistou o risco baixo, impulsada pola melloría do seu distrito, que suma o segundo día desta semana sen nin un só positivo. O resto de cidades está aínda en risco medio, en laranxa no mapa que Galiciapress actualiza a diario coas cifras do SERGAS.



VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,75, o que quere dicir que na última semana houbo un  25% menos de positivos que na penúltima. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.


Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1:


  • Pobra de Trives A 0,00
  • Lugo 0,55
  • Ourense 0,78
  • Pontevedra 0,81
  • Vigo 0,83
  • Coruña (A) 0,83
  • Arteixo 0,84
  • Monforte de Lemos 0,84
  • Ames 0,85


 Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:


  • Garda (A) 1,05
  • Santiago de Compostela 1,06
  • Sanxenxo 1,15
  • Lalin 1,43


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Ourense +3
  • Vigo +3
  • Monforte de Lemos +10


Relación de concellos  cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Coruña (A) -16
  • Arteixo -5
  • Santiago de Compostela -5
  • Lugo -4
  • Pontevedra -3
  • Ames -2
  • Sanxenxo -2
  • Lalin -1


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 


 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

O distrito sanitario de  Ferrol debería converterse mañá no primeiro do país en baixar de 100 casos activos nesta fase da pandemia. Todas as curvas de infectados tenden á baixa sen interrupcións desde inicio de mes. 


Iso si, a pendente de baixada actual xa non é tan acusada como a principio de mes, algo esperable por outra banda.





En canto aos casos activos, sitúanse por baixo dos 3.000 ao baixar a 2.764, que supoñen 246 menos que os rexistrados o día anterior. Descenden nas sete áreas sanitarias: A Coruña e Cee (-63), Santiago e Barbanza (-48); Lugo (-47); Vigo (-30); Ourense (-24); Ferrol (-17) e Pontevedra e O Salnés (-17).

Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense á cabeza, con 760; seguida da de Lugo, con 525; Santiago e Barbanza, con 456; Vigo, con 434; Ourense, con 299; Pontevedra e O Salnés, con 187; e á cola mantense a de Ferrol, con 103. 


DATOS DE HOXE POR ÁREA
En canto aos novos contagios de Covid-19 aumentan lixeiramente a 115 no conxunto de Galicia, tres máis que os 112 rexistrados na xornada anterior.

Nas últimas 24 horas confirmáronse por probas diagnósticas (PDIA) 117 positivos, deles 33 na área de Vigo; 29, na da Coruña e Cee; 26, na de Lugo; 18, na de Ourense; sete, na de Pontevedra e O Salnés; e catro na de Santiago e Barbanza; mentres que na de Ferrol non se detectou ningún novo. É a segunda vez esta semana que Ferrol non suma nin un caso diario. 




PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA
Por áreas sanitarias a presión hospitalaria descende en tres das sete --A Coruña e Cee, Ourense e Vigo-- e se mantien nas outras catro --Pontevedra e O Salnés, Ferrol, Santiago e Barbanza e Lugo--.

En concreto, na da Coruña e Cee baixan a nove os pacientes en UCI pola Covid --tres menos-- e a 27 os doutras unidades --sete menos--; na de Ourense caen a cinco o críticos --un menos-- e a 11 os doutras unidades --dúas menos--, mentres que na de Vigo seguen sete en UCI e descenden a 11 os doutras unidades --dúas menos--.


Pola súa banda, na de Pontevedra e O Salnés seguen tres pacientes Covid en UCI e catro noutras unidades; na de Ferrol, dúas en críticos e seis noutras unidades; na de Santiago e Barbanza, dúas e 12, respectivamente; e na de Lugo, tres e 17.

Ur7ci incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (7)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE