Covid municipios: Estes 107 concellos non sufriron nin un positivo en dúas semanas

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que Narón e Vilagarcía, que son o oitavo e o noveno concello máis poboado de Galicia respectivamente, xa conquistaron a nova normalidade.

|


O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que Narón e Vilagarcía, que son o oitavo e o noveno concello máis poboado de Galicia respectivamente, xa conquistaron a nova normalidade.


Por iso aparecen en verde no mapa que a diario actualiza Galiciapress coas cifras do SERGAS. Iso indica que teñen menos de 10 diagnósticos por 100.000 habitantes á semana.


A situación aínda é mellor en 107 municipios do país que non rexistran nin un só contaxio nos últimos 14 días. A lista completa figura ao pé desta noticia.





VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é do 0.73 , o que quere dicir que na última semana houbo un 27% menos de positivos que na penúltima. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.


Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1:


  • Redondela 0,00
  • Ferrol 0,54
  • Lugo 0,54
  • Ourense 0,69
  • Monforte de Lemos 0,75
  • Culleredo 0,76
  • Nigran 0,77
  • Vigo 0,78
  • Pontevedra 0,84
  • Coruña (A) 0,86
  • Cambre 0,87
  • Sarria 0,92
  • Ames 0,93
  • Arteixo 0,95




Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:


  • Santiago de Compostela 1,09
  • Garda (A) 1,22
  • Sanxenxo 1,36
  • Lalin 1,47



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Ferrol +1
  • Sarria +1
  • Ourense +4
  • Coruña (A) +7



Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -8
  • Monforte de Lemos -6
  • Pontevedra -5
  • Arteixo -4
  • Garda (A) -4
  • Lugo -3
  • Nigran -2
  • Sanxenxo -2
  • Ames -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 


 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Santiago e Lugo foron os últimos distritos sanitarios que sufriron rebotes da quinta onda de covid a finais de agosto. Isto explica porque aínda son a segunda e terceira área con máis casos activos, por diante da máis poboada, Vigo. 


Ferrol debería ser o primeiro distrito en baixar dos 100 casos activos, de seguir este ritmo de melloría probablemente conseguirao esta semana, se non hai repuntes, claro.



 

Por áreas, o maior número de casos de Covid segue na área da Coruña, con 823 persoas coa enfermidade (56 menos), seguida da área de Lugo, con 572 casos (57 menos). Na área de Santiago hai 504 casos (56 menos), na área de Vigo son 464 os enfermos (16 menos), na área de Ourense hai 323 casos activos (28 menos), en Pontevedra hai 204 casos (10 menos) e na área de Ferrol hai 120 casos activos de Covid (16 menos).  


DATOS DE HOXE

Na área sanitaria da Coruña rexistráronse nas últimas 24 horas 32 novos casos (9 máis que na xornada anterior), na área de Vigo son 23 os contagios novos (3 máis), na área de Lugo hai 20 persoas contaxiadas novas (10 máis), na área de Ourense rexistráronse 17 casos novos (9 máis), na área de Santiago son 15 novos contagios (6 máis), na área de Ferrol hai 2 casos novos (na xornada anterior non se rexistrou ningún) e na área de Pontevedra notificáronse 3 novos contagios (3 menos que un día antes). 



PRESIÓN HOSPITALARIA
Con respecto á presión hospitalaria, en cifras globais reduciuse o número de pacientes ingresados, tanto en UCI como en unidades convencionais de hospitalización. Así, pasouse de 37 a 35 pacientes en coidados críticos, e de 112 a 99 enfermos ingresados en planta.

A área da Coruña ten o maior número de enfermos graves, 12 persoas; na área sanitaria de Vigo son 7 os pacientes en UCI, na área de Ourense segue habendo 6 persoas en UCI, na área de Pontevedra hai 3 (unha menos), na área de Lugo hai outros 3 enfermos de Covid en coidados críticos, na área de Santiago seguen 2 pacientes en UCI e na área de Ferrol hai outros 2 (un menos que hai un día). 


MUNICIPIOS SEN NINGÚN POSITIVO EN DÚAS SEMANAS


0 Aranga

0 Baña (A)

0 Capela (A)

0 Cerdido

0 Dumbria

0 Fisterra

0 Frades

0 Irixoa

0 Mañon

0 Mazaricos

0 Moeche

0 Monfero

0 Mugardos

0 Outes

0 Paderne

0 Rois

0 San Sadurniño

0 Somozas

0 Trazo

0 Valdoviño

0 Baleira

0 Barreiros

0 Begonte

0 Boveda

0 Cervantes

0 Friol

0 Xove

0 Muras

0 Navia de Suarna

0 Negueira De Muñiz

0 Nogais (As)

0 Ourol

0 Pedrafita do Cebreiro

0 Pontenova (A)

0 Ribeira De Piquin

0 Riotorto

0 Samos

0 Trabada

0 Triacastela

0 Vicedo (Ou)

0 Allariz

0 Arnoia

0 Avion

0 Baltar

0 Baños De Molgas

0 Beade

0 Beariz

0 Brancos (Vos)

0 Bóla A

0 Calvos De Randin

0 Carballeda De Avia

0 Castrelo do Val

0 Castrelo De Miño

0 Celanova

0 Cenlle

0 Cortegada

0 Cualedro

0 Entrimo

0 Esgos

0 Gomesende

0 Irixo (Ou)

0 Xunqueira de Espadanedo

0 Larouco

0 Laza

0 Leiro

0 Lobeira

0 Lobios

0 Maceda

0 Melon

0 Mezquita (A)

0 Montederramo

0 Monterrei

0 Muiños

0 Nogueira De Ramuin

0 Paderne De Allariz

0 Padrenda

0 Parada De Sil

0 Petin

0 Porqueira

0 Pontedeva

0 Quintela De Leirado

0 Rairiz de Veiga

0 Ramiras

0 San Xoan De Rio

0 Rios

0 San Amaro

0 Sarreaus

0 Teixeira A

0 Veiga (A)

0 Verea

0 Vilamarin

0 Vilamartin De Valdeorras

0 Vilar De Barrio

0 Vilar De Santos

0 Vilardevos

0 Arbo

0 Campo Lameiro

0 Catoira

0 Crecente

0 Dozon

0 Mondariz

0 Mondariz-balneario

0 Moraña

0 Neves (As)

0 Pazos De Borben

0 Portas

0 Cerdedo-cotobade 

Ur7ci incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (6)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE