A cinta galega 'Eles transportan a morte' álzase en Venecia co premio Mario Serandrei á Mellor Achega Técnica

|

A película, dirixida por a compostelá Helena Girón  e o tinerfeño Samuel M. Delgado foi galardoada na Semana da Crítica en Venecia. 


A Semana da Crítica, sección independente do Festival de Cinema de Venecia, recoñeceu a cinta que tamén participará no Festival de San Sebastián.


Cartel de 'Eles transportan a morte'Cartel da película | Foto: EP


'Eles transportan a morte', película dirixida pola galega Helena Girón (Santiago de Compostela, 1988) e por Samuel M. Delgado (Tenerife, 1987), gañou o Premio Mario Serandrei-Hotel Saturnia á Mellor Achega Técnica na Semana da Crítica de Venecia.

A película competía na 36 edición da Semana da Crítica, unha sección independente do Festival de Cinema de Venecia organizada pola Unión de Críticos de Cinema Italianos. É unha produción da Viaxe Films, Filmika Galaika, A Banda Negra, e Blond Indian Films.

O xurado, composto por Massimo Causo, Adriano De Grandis e Silvana Silvestri destacou "a capacidade de elaborar unha dimensión sonora inmersiva, na que se amplifica a tensión entre figuras e ambientes e dialoga profundamente coa investigación visual dos autores. Unha vintena de sons, ruídos e imaxes, que alimenta unha historia de misterios, vida e morte, desde a dimensión do mito ata a deriva existencial dos personaxes".

'Eles transportan a morte' é a primeira longametraxe de Girón e Delgado, que transcorre no ano 1492. Entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que xa deberían morrer. Conseguiron evitar as súas condenas participando na incerta viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias foxen cargados cunha das velas da embarcación. Mentres, en 'O Vello Mundo', unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas as viaxes tratan de burlar á morte. Ambas as viaxes están a mercé do tempo e da Historia.

Tras o recoñecemento do Festival de Cinema de Venecia, 'Eles transportan a morte' chegará ao Festival de Cinema de San Sebastián, onde competirá na sección Zabaltegi-Tabakalera. Esta 69ª edición terá lugar do 17 ao 25 de setembro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE