A Garda Civil intervén nunha festa non autorizada con 40 persoas en Negueira de Muñiz

A Garda Civil interveu na madrugada do pasado sábado nunha suposta festa ilegal na parroquia de San Pedro de Ernes, no concello lucense de Negueira de Muñiz.

|

Os axentes tiveron que dispersar aos asistentes á festa, de diferentes nacionalidades, no concello lucense.


Entre as moitas propostas de sanción destacan as 25 pola non utilización da máscara.


Garda civil

Guardia Civil | Foto: EP


A Garda Civil interveu na madrugada do pasado sábado nunha suposta festa ilegal na parroquia de San Pedro de Ernes, no concello lucense de Negueira de Muñiz.


No lugar dos feitos os axentes observaron unha celebración con varias persoas das que identificaron a 40 de distintas nacionalidades. A partir de aí, realizaron diversas propostas de sanción por distintos motivos.


A Garda Civil estableceu tres propostas de multa aos presuntos organizadores por incumprir a lei de saúde de Galicia. Ademais de 25 propostas pola non utilización da máscara, 20 por non respectar a lei de seguridade viaria e unha proposta de sanción por tenencia ilícita de drogas.


A presenza dos axentes do corpo da Garda Civil intensificouse esta fin de semana na zona pola declaración dun incendio o propio sábado que aínda non foi extinguido por completo. Ambos os feitos orixináronse na parroquia de Ernes.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE