Galicia sufrirá unha alza de positivos a finais de semana de seguir a traxectoria actual


A Coruña (hoxe con 316 positivos) é a área con máis responsabilidade na freada da melloría a nivel galego. Hoxe é o único distrito cuxos casos activos crecen e, ademais, é o que soporta máis enfermos críticos, son xa 17.


|


Os 798 novos positivos por PCR comunicados hoxe son suficientes para conseguir que os índices semanais sigan baixando, aínda que este descenso é cada vez máis lento, o que fai temer un rebote.


O máis preocupante nas novas cifras é o gran salto de hospitalizacións, con polo menos 26 novas nun só día, que pon o total nunha cifra inédita nesta quinta onda. Ademais, a taxa de mortalidade está repuntando.




incidencia acumulada semanal baixa de 259 a 255 positivos por cada 100.000 galegos, tras doce días de baixada consecutivos. Sorprenden pois a palabras do conselleiro de Sanidade onte, lamentando que non chegamos ao pico da onda. Aínda que é certo que o descenso perdeu brío, prosegue e o pico da onda, desde unha perspectiva semanal, foi o 27 de xullo.


incidencia acumulada a 14 días cae de 565 a 551. Chegou a estar en 642, pero iso foi xa hai 13 días e desde entón non parou de baixar. 


O dobre da incidencia semanal (510) é menor que a incidencia bisemanal (553). Isto quere dicir que na última semana houbo menos diagnósticos que na penúltima.


Cantos menos? A razón de taxas é do 0,93, así que aproximadamente un 7% menos de contagios á semana. Este é un dato alarmente, non polo seu valor, pero si pola súa evolución. 


O martes pasado os positivos estaban a baixar un 11% á semana, pero a caída freou paulatinamente, primeiro un 10% menos, daquela un 9% menos, onte un 8% menos e hoxe só un 7% menos. Corremos risco de que a caída de positivos se esfume. De feito, o descenso se esfumará a final desta semana de seguir por esta traxectoria.


A taxa de positividade onte foi do 14,1% das PCRs. Unha mala cifra que contribúe a manter a media semanal practicamente estancada, hoxe está no 14,1%, a mesma cifra que tiña fai seis días.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no segundo peor nivel posible. Ademais, o SERGAS non está a conseguir que se afaste do 15%, a fronteira entre risco extremo e o risco alto actual.




A incidencia semanal continúa en risco extremo e continuará nel case todo o mes de agosto no mellor dos escenarios posibles. Un dato preocupante teniendo en cuenta o enorme movemento de poboación propio de inicios de setembro.




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -2,69 %. A media semanal, o indicador máis relevante, segue polo bo camiño, afastándose de cero, pasa de -1,3% a -1,5%.




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -465 grazas ao maior número de altas de toda a quinta onda ,que deixa o total en Galicia en  16.824

casos activos, a primeira vez en dúas semanas que baixamos dos 17.000. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue á baixa no principal índice, os positivos semanais. O pico da quinta onda é cousa do pasado, sucedeu a finais de xullo.
  • O preocupante non é que non alcanzásemos o pico, como indicou onte o conselleiro, o preocupante é que o descenso perdeu moito ritmo na última semana.
  • A razón de taxas encadea case unha semana crecendo. Isto indícanos que algo está a pasar, a baixada de positivos é cada vez máis lenta. Ademais, o SERGAS sigue sendo incapaz de baixar a taxa de positividade, que é elevadísima, o que nos fai sospeitar que os niveis de circulación do virus son máis alto do que mostran as cifras. 

    JsiEJ  b media m vil semanal da taxa de positividade de probas pcr en galicia b


  • De seguir esta freada da melloría, a finais desta semana nos econtraremos cunha curva de positivos que empeza a crecer outra vez. 
  • Isto sería unha pésima noticia pois indicaría que o avance da vacinación non é suficiente para acabar coa quinta onda. Serían necesarias máis restricións, se se quere limitar o número de hospitalizados e falecementos.
  • Hospitalizacións que hoxe marcan un máximo da quinta onda, hai 286 hospitalizados en planta tras o sorprendente +26 de hoxe. Se sumamos os 55 enfermos críticos, son xa 341 os hospitalizados, preto dos 400 que estimou Galiciapress e o presidente da Xunta que poderían alcanzarse antes de impoñer as leves restricións actuais.
  • Outro dato moi preocupante é que a taxa de letalidade deixou de caer. Grazas ás vacinas, a taxa de letalidade a 30 días chegou a baixar ao 0,09% a mediados de xullo, é dicir, falecía menos de 1 persoa por cada 1.000 diagnosticados. Con todo, foi crecendo ata o 0,17% actual. Nada que ver co case 4% que houbo na terceira onda, pero é un aumento moi alarmante porque nos di que se están contaxiando cada vez persoas de máis idade -como mostra os continuos brotes en residencias. Persoas maiores que, a pesar de estar plenamente vacinadas, teñen risco de falecer, aínda que o risco de morte sexa pequeñísimo non é inexistente. Hai que ter en conta que nos asilos a pauta de vacinación completouse fai xa máis de seis meses, polo que hai que abrir xa o debate da terecera dose.

 

DATOS POR ÁREAS

A Coruña (hoxe con 316 positivos) é a área con máis responsabilidade na freada da melloría a nivel galego.  Hoxe é o único distrito cuxos casos activos crecen e, ademais, é o que soporta máis enfermos críticos, son xa 17.




Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE