Covid municipios: A Coruña volve subir, repunta Santiago e fortes baixadas en Vigo e Pontevedra


O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra unha progresiva melloría das Rías Baixas. Con todo, Baiona, Vigo, Nigrán, Redondela, Vilaboa, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove e Vilagarcía seguen no peor dos niveis de alerta posible. 


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra unha progresiva melloría das Rías Baixas. Con todo, Baiona, Vigo, Nigrán, Redondela, Vilaboa, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove e Vilagarcía seguen no peor dos niveis de alerta posible. 




VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é do 0,91, o que quere dicir que na última semana houbo un  9% menos de positivos que na penúltima. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.


Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1:


  • Burela 0,51
  • Xinzo De Limia 0,53
  • Foz 0,55
  • Melide 0,56
  • Barbadas 0,57
  • Verin 0,57
  • Sanxenxo 0,58
  • Pino O 0,59
  • Moaña 0,60
  • Monterroso 0,61
  • Pobra do Caramiñal A 0,64
  • Barco De Valdeorras  0,65
  • Vilanova De Arousa 0,65
  • Chantada 0,70
  • Grove Ou 0,70
  • Viveiro 0,70
  • Salceda De Caselas 0,70
  • Mos 0,71
  • Soutomaior 0,71
  • Teo 0,72
  • Rua (A) 0,73
  • Poio 0,74
  • Ourense 0,76
  • Padron 0,76
  • Cambados 0,76
  • Ribadeo 0,76
  • Gondomar 0,76
  • Pontes De Garcia Rodriguez (As) 0,77
  • Bueu 0,78
  • Marin 0,79
  • Santiago de Compostela 0,79
  • Baiona 0,79
  • Illa de Arousa 0,80
  • Carballiño  0,81
  • Muros 0,81
  • Pontevedra 0,81
  • Noia 0,84
  • Caldas de Reis 0,86
  • Vigo 0,86
  • Salvaterra De Miño 0,87
  • Porriño   0,88
  • Bergondo 0,88
  • Ponteareas 0,88
  • Nigran 0,89
  • Cambre 0,89
  • Ames 0,89
  • Lalin 0,91
  • Laracha 0,92
  • Sada 0,93
  • Rianxo 0,93
  • Silleda 0,93
  • Carballo 0,93
  • Lugo 0,93
  • Ponte-caldelas 0,93
  • Coristanco 0,94
  • Ares 0,95
  • Fene 0,96
  • Cuntis 0,96
  • Meis 0,96
  • Garda (A) 0,96
  • Cangas 0,96
  • Redondela 0,98
  • Ribeira 0,98
  • Tomiño 0,98
  • Pontedeume 0,99
  • Ferrol 0,99



Municipios onde os positivos nin soben nin baixan desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é exactamente 1:


  • Porto do Son 1,00
  • Xove 1,00
  • Monforte de Lemos 1,00
  • Valga 1,00
  • Vilaboa 1,00





Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:


  • Boiro 1,02
  • Coruña (A) 1,05
  • Vilagarcia De Arousa 1,05
  • Culleredo 1,05
  • Arteixo 1,06
  • Palas de Rei 1,07
  • Oleiros 1,07
  • Cospeito 1,08
  • Naron 1,09
  • Touro 1,09
  • Sarria 1,10
  • Ortigueira 1,10
  • Vilalba 1,11
  • Cee 1,13
  • Monterrei 1,13
  • Tui 1,14
  • Cedeira 1,18
  • Estrada A 1,18
  • Ordes 1,20
  • Taboada 1,25
  • Laxe 1,28
  • Neda 1,29
  • Fisterra 1,32
  • Abegondo 1,33
  • Betanzos 1,33
  • Camariñas 1,33
  • Vimianzo 1,33
  • Neves (As) 1,33
  • Ponteceso 1,36
  • Alfoz 1,36
  • Santa Comba 1,38
  • San Cibrao das Viñas 1,38
  • Oza-Cesuras 1,39
  • Outeiro De Rei 1,41
  • Cabana de Bergantiños 1,43
  • Zas 1,43
  • Carral 1,47
  • Curtis 1,47
  • Castro De Rei 1,54
  • Miño 1,56
  • Malpica de Bergantiños 1,57
  • Arbo 1,60
  • Pobra Do Brollon (A) 1,67
  • Quiroga 1,75
  • Cabanas 1,80
  • Rodeiro 2,00




VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Betanzos +6
  • Laxe +6
  • Culleredo +7
  • Fisterra +7
  • Miño +7
  • Vimianzo +7
  • Vilalba +7
  • Coruña (A) +12
  • Santiago de Compostela +12 


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana máis baixa máis hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -53
  • Pontevedra -43
  • Lugo -13
  • Ourense -12
  • Marin -12
  • Ribeira -11
  • Grove O  -11
  • Nigran -9
  • Burela -8
  • Viveiro -7
  • Sanxenxo -7
  • Barco De Valdeorras   -6
  • Cangas -6



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 



CIDADES

As cidade onde está a crecer máis o virus agora é A Coruña. A súa razón de taxas é do 1,05, o que quere dicir que na última semana houbo un 5% de positivos máis que na penúltima.  Non é un crecemento excesivo pero si preocupante porque profunda máis na ruptura da tendencia á baixa da cidade ata hai uns días. A súa incidencia semanal leva catro días crecendo.


A Coruña é a única cunha razón de taxas superior a 1  por tanto é a única que crece desde un punto de vista semanal. Ferrol baixa, aínda que está case plana, cunha razón de taxas de 0,99.


A urbe onde máis baixa o virus é Ourense, cunha razón de taxas de 0,72; en parte grazas ao mal resultado de Santiago hoxe (+12 do seu cómputo semanal de positivos). En todo caso, entre as cidades, só Santiago e Ourense teñen unha incidencia semanal inferior a 250 e por tanto só elas dous non están en risco máximo, en negro no mapa.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

O mal comportamento recente da cidade da Coruña fai que o seu distrito sexa o que soporta máis casos activos de Galicia e o único que non logrou unha baixada en ningunha xornada desde que chegou a quinta onda, aínda que é certo que hoxe a súa subida é notablemente máis modesta que nas xornadas precedentes.


Existe pois a esperanza de que A Coruña estea preto de alcanzar o seu pico desta quinta onda, pico que parece que o resto xa alcanzou.


Os casos activos volven baixar e sitúanse en 17.742, que representan 453 menos, ao haber máis altas (1.455) que contagios (1.007), ao que se engaden seis falecementos.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas as áreas menos na da Coruña, onde soben en 13. Nas restantes, a de Ourense contabiliza 119 infeccións activas menos; a de Pontevedra, -88; a de Ferrol, -1; a de Santiago, -113; a de Lugo, -42; e a de Vigo, -103.

Así, con máis infeccións activas sitúase a área da Coruña e Cee, con 4.526; seguida da Vigo, con 4.317; Pontevedra e O Salnés, con 2.331; Lugo, con 2.114; Santiago e Barbanza, con 1.999; Ourense, con 1.401; e Ferrol segue á cola con 1.054. 


DATOS DE HOXE POR ÁREA

Os novos contagios mantéñense por cuarto día consecutivo por encima do milleiro en 1.007, que supoñen 11 menos que os 1.018 deste venres, tras arrincar a semana por baixo desa barreira por primeira vez desde o 20 de xullo con 939 e descender a 837 o martes.

En Galicia foron confirmados 1.003 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen oito menos que o día anterior, dos cales 307 corresponden á área da Coruña e Cee; 273, á de Vigo; 125, á de Lugo; 69, á de Pontevedra e O Salnés; 101, á de Santiago e Barbanza; 71, á de Ferrol; e 57, á de Ourense. 



PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do venres, actualizados á primeira hora da tarde deste sábado --tras caerse o sistema durante toda a mañá debido á avalancha de solicitudes de autocita para a vacinación dos menores de 20 anos--, e recolleitos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI ascenden a 54 --un máis-- e os hospitalizados noutras unidades mantéñense en 255.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende en tres das sete --A Coruña-Cee, Ourense e Pontevedra-O Salnés-- e sobe na de Ferrol, Santiago-Barbanza, Lugo e Vigo.

Deste xeito, a da Coruña e Cee conta con 16 pacientes Covid en UCI --uno máis--, pero rexistra 67 noutras unidades --catro menos--; na de Ourense mantéñense os cinco críticos e baixan a 27 --catro menos-- noutras unidades; e na de Pontevedra, aínda que continúan sete pacientes ingresados en críticos, baixan en dous os hospitalizados en unidades convencionais --24--.

Polo seu lado, a área sanitaria de Ferrol conta cun paciente máis hospitalizado --22-- e mantén a nove en UCI; ao contrario que a de Santiago, na que continúan 22 persoas hospitalizadas en planta, pero onde aumentan a cinco --uno máis-- os pacientes críticos.

Na de Lugo seguen seis pacientes Covid en UCI e aumentan a 38 os ingresados noutras unidades --sete máis--, mentres que a de Vigo rexistra un menos en UCI --seis--, e dous máis en planta --55--. 

OGYim incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE