Terceira medalla olímpica para un galego ao lograr Nico Rodríguez o bronce en vela (vídeos)
Díxoo o propio Xammar, que asegurou que na preparación hai variables infinitas por exemplo a do deseño libre das velas.A pesar da dificultade, Xammar e Rodríguez lograron a que é a quinta medalla de España en Tokio 2020.
Rodríguez únese aos éxitos conseguidos por Ana Peleteiro e Teresa Portela. O regatista era dentista en Vigo ata que o deixou fai catro anos para prepararse para Tokio.
Nico Rodríguez @EP
Jordi Xammar e Nico Rodríguez lograron este mércores a medalla de bronce na categoría 470 de vela dos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. Ambos acabaron en quinta posición a Medal Race, o que foi suficiente para adxudicarse a segunda medalla de España en vela nestes Xogos.
Esta categoría, a 407, é bastante complexa. Díxoo o propio Xammar, que asegurou que na preparación hai variables infinitas por exemplo a do deseño libre das velas.
A pesar da dificultade, Xammar e Rodríguez lograron a que é a décima medalla de España en Tokio 2020. Ademais, con este bronce os deportistas de Catalunya e Galicia poñen fin a un ciclo olímpico no que conseguiron subir ao podio tanto nos Mundiais como nos Europeos desde 2017.
Escribe o teu comentario