É necesaria unha terceira dose? Sexto brote nunha residencia galega en tres semanas tras novos focos en Alfoz e Ribadeo
Os casos activos de Covid-19 en usuarios de residencias de maiores aumentan a 32 tras ser detectados seis positivos nunha vivenda comunitaria en Alfoz (Lugo) e dous nun centro en Ribadeo. Pola súa banda, elévanse a 31 os contagios nunha residencia de discapacidade de Vigo tras sumar 10 máis.
O goteo de positivos de coronavirus nas residencias galegas faise cada vez máis frecuene e hoxe hai dous brotes máis. En Alfoz hai 10 usuarios e contaxiáronse 6, máis da mitada.
Hai que lembrar que moitos dos anciáns foron vacinados no principio do ano, polo que xa pasaron máis de seis meses, período a partir do cal algúns Estados xa están inxectado unha terceira dose de Pfiezer.
Segundo os datos facilitados este martes polas consellerías de Política Social e Sanidade, na actualidade hai 32 usuarios con Covid-19 en sete residencias de maiores de Galicia.
En concreto, destaca a Residencia Santo Estebo de Perlío de Fene (A Coruña), con 18 usuarios contaxiados; seguida dos seis na Vivenda comunitaria de Alfoz; dous na Concepción Arenal da Coruña; outros dous na Bo Día Magnolio de Vigo e dous a Residencia de Ribadeo, mentres que contan cun a Residencia de Val do Dubra e a Caser A Zapateira.
CENTROS DE DISCAPACIDADE
En canto ás residencias de discapacidade, detectáronse 10 positivos no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo que elevan a 31 os contagios neste centro; aos que se suma outro no CAPD de Sarria.
Por tanto, os centros de atención á discapacidade en Galicia suman 32 usuarios contaxiados, concentrados nesas dúas instalacións.
Escribe o teu comentario