Covid municipios: Santiago e Vigo son as primeiras cidades en saír de risco máximo e repunte de positivos na Coruña

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios trae hoxe boas noticias, pois son numerosos os municipios que baixan de 250, entre eles as cidades de Santiago e Ourense, conseguindo así saír de risco extremo. 


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios trae hoxe boas noticias, pois son numerosos os concellos que baixan de 250, entre eles as cidades de Santiago e Ourense, conseguindo así saír de risco extremo. 


Risco extremo -en negro no mapa- que aínda é moi maioritario en comarcas como Bergantiños, Arousa, A Mariña e O Barbanza, comarcas cun importante peso do turismo de praia. 






VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é do 0.94, o que quere dicir que na última semana houbo un  6% menos de positivos que na penúltima. 


Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1:


  • Pontes De Garcia Rodriguez (As) 0,47
  • Barbadas 0,56
  • Monterroso 0,60
  • Soutomaior 0,61
  • Ribadeo 0,62
  • Rosal (O) 0,62
  • Cervo 0,65
  • Meaño 0,66
  • Oroso 0,67
  • Cambados 0,69
  • Noia 0,69
  • Rianxo 0,70
  • Carballiño (O) 0,70
  • Vilanova De Arousa 0,70
  • Viveiro 0,70
  • Muros 0,71
  • Ortigueira 0,71
  • Tomiño 0,72
  • Sanxenxo 0,74
  • Boiro 0,75
  • Baiona 0,75
  • Grove Ou 0,75
  • Vilalba 0,75
  • Moaña 0,75
  • Cariño 0,76
  • Meis 0,76
  • Estrada A 0,77
  • Barco De Valdeorras (O) 0,77
  • Foz 0,77
  • Ourense 0,77
  • Santiago de Compostela 0,79
  • Gondomar 0,79
  • Burela 0,79
  • Marin 0,79
  • Melide 0,80
  • Monforte de Lemos 0,80
  • Monterrei 0,80
  • Mos 0,81
  • Pobra do Caramiñal A 0,83
  • Ponte-caldelas 0,83
  • Brion 0,83
  • Verin 0,84
  • Ribeira 0,84
  • Vilagarcia De Arousa 0,85
  • Caldas de Reis 0,86
  • Chantada 0,86
  • Pontevedra 0,87
  • Ames 0,88
  • Naron 0,88
  • Poio 0,89
  • Vigo 0,89
  • Porriño (O) 0,90
  • Ordes 0,92
  • Barro 0,92
  • Redondela 0,92
  • Garda (A) 0,93
  • Celanova 0,93
  • Nigran 0,94
  • Cambre 0,96
  • Ferrol 0,96
  • Teo 0,99
  • Carballo 0,99





Municipios onde os positivos nin soben nin baixan desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é exactamente 1:



  • Bergondo 1,00
  • Bueu 1,00



 



Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:


  • Coruña (A) 1,01
  • Ponteareas 1,02
  • Illa de Arousa 1,02
  • Silleda 1,03
  • Cangas 1,04
  • Tui 1,04
  • Oleiros 1,05
  • Capela (A) 1,05
  • Lalin 1,05
  • Arteixo 1,06
  • Culleredo 1,07
  • Lugo 1,08
  • Rua (A) 1,10
  • Sarria 1,10
  • Sada 1,11
  • Tordoia 1,13
  • Vimianzo 1,13
  • Porto do Son 1,14
  • Fisterra 1,15
  • Rios 1,16
  • Vilaboa 1,18
  • Muxia 1,20
  • Padron 1,21
  • Betanzos 1,21
  • Outeiro De Rei 1,21
  • Cuntis 1,22
  • Salceda De Caselas 1,24
  • Fene 1,25
  • Portas 1,26
  • Palas de Rei 1,27
  • Mondariz 1,29
  • Oza-cesuras 1,30
  • Pontedeume 1,31
  • Miño 1,33
  • Pereiro De Aguiar 1,33
  • Laracha 1,37
  • Catoira 1,38
  • Xinzo De Limia 1,42
  • Abegondo 1,43
  • Valga 1,44
  • Neda 1,46
  • Salvaterra De Miño 1,49
  • Cee 1,50
  • Cospeito 1,50
  • Boqueixon 1,53
  • Ponteceso 1,57
  • Touro 1,71
  • Quiroga 1,75
  • Alfoz 1,79
  • Xove 1,83





VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -102
  • Ourense -29
  • Sanxenxo -21
  • Santiago de Compostela -15
  • Lugo -15
  • Moaña -12
  • Teo -9
  • Gondomar -9
  • Marin -9


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días máis sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Arteixo +4
  • Laracha +4
  • Cambre +5
  • Porto do Son +5
  • Xove +5
  • Vilaboa +6
  • Coruña (A) +21


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 




CIDADES

As cidades onde máis está a crecer o covid-10 na últimas semana son Lugo e A Coruña. Con todo, a razón de taxas de Lugo (1,08) e a da Coruña (1,01), están moi preto de 1, polo que os crecementos son modestos. 


Santiago suma 236 positivos nunha semana e Ourense 254. Son números altos, pero permiten a estas dúas urbes ter unha incidencia acumulada inferior a 250. Así conseguen saír de risco extremo, en negro no mapa. Lembrar que 250 é o límite para partir do cal a Xunta estuda impoñer as restricións máximas.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

O distrito sanitario de  A Coruña é o que está a ter unha peor evolución nos últimos días, A súa curva de casos activos é a única que aínda non empezou a baixar ou a moderar moito o seu crecemento.




Redúcense os casos activos de Covid-19 por segunda xornada consecutiva na Comunidade galega ata os 18.771, que supoñen 36 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (863) que contagios (837), ao que se engaden 10 falecementos.

Con respecto a hai unha semana, hai 710 infeccións activas máis que as 18.061 contabilizadas o martes 27 de xullo, tras máis dun mes en ascenso continuo ata este pasado sábado.

Por áreas sanitarias, baixan en catro das sete: Ourense (-48), Santiago e Barbanza (-42), Pontevedra e O Salnés (-31) e Lugo (-26); mentres que aumentan nas da Coruña e Cee (+89); Vigo (+13) e Ferrol (+9). 


DATOS DE HOXE POR ÁREA

Pola súa banda, esta primeira semana de agosto mantense a tendencia descendente nos contagios ao arrincar con menos de mil novos, tras situarse por encima desa cifra desde o martes 20 de xullo, e caer a 837 este martes, que implican 102 menos que os 939 do luns.

En Galicia foron confirmados 878 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 27 menos que o día anterior, dos cales 302 corresponden á área da Coruña e Cee; 189, á de Vigo; 110, á de Pontevedra e O Salnés; 103, á de Lugo; 91, á de Santiago e Barbanza; 46, á de Ferrol; e 37, á de Ourense.

 


PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI descenden lixeiramente a 42 --un menos--, mentres que os hospitalizados noutras unidades redúcense a 261, que supoñen 24 menos. Ademais, hai 18.468 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en todas, salvo na de Ferrol, que se mantén sen cambios con seis pacientes en UCI pola Covid e 19 noutras unidades.

Deste xeito, na de Santiago e Barbanza caen a tres o críticos --un menos-- e a 25 os ingresados noutras unidades --seis menos--; mentres que a da Coruña e Cee segue con 15 en UCI e reduce a 64 os doutras unidades --cinco menos--.

Na de Ourense descenden a cinco os pacientes Covid en UCI --uno menos-- e a 36 os que permanecen ingresados noutras unidades --catro menos--; mentres que na de Vigo seguen dúas en críticos e caen a 43 os doutras unidades --catro menos--.

Polo seu lado, na área de Lugo seguen catro pacientes Covid en UCI e baixan a 39 os doutras unidades --dúas menos--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés aínda que soben a sete o críticos --un máis--, descenden a 35 os doutras unidades --tres menos--. 


PGZkW incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (16)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE