Teresa Portela prata nos seus sextos xogos olímpicos con 39 anos (vídeos)

A deportista de Aldán logra así romper a súa maldición olímpica, pois xamais conseguira unha medalla a pesar de lograr ducias de medallas nos mundiais e os europeos e cinco diplomas olímpicos por estar entre as 8 mellores.  Tras 21 anos na elite, a canguesa mostrábase "feliz porque quen a segue conséguea, levo moitos anos tentando esta medalla, esta proba é tan difícil, son milésimas o que nos separan, e finalmente conseguino".


|

A piragüista galega de 39 anos Teresa Portela consegue a medalla de prata nos seus sextos Xogos Olímpicos. Teresa Portela foi segunda en modalidade K1 200,  cun tempo de 38.883.


Teresa Portela nunha imaxe do comité olimpico español



A deportista de Aldán logra así romper a súa maldición olímpica, pois xamais conseguira unha medalla a pesar de lograr ducias de medallas e títulos nos mundiais e nos europeos e tamén cinco diplomas olímpicos. 


Tras 21 anos na elite, a canguesa mostrábase "feliz, levo moitos anos tentando esta medalla, esta proba é tan difícil, son milésimas o que nos separan, e finalmente conseguino".


A galega logrou a segunda posición cun tempo de 38.883, por detrás da neozelandesa Lisa Carrington (38,120) e xusto por diante da danesa Emma Aastrand Jorgensen (38,901). Portela empezou a competición con boas sensacións, pois puido saltarse unha rolda ao ser a primeira nas clasificacións. 


Culmina así un palmarés olímpico ao que lle faltaba a guinda. Foi quinta en Atenas 2004 (K2 500 e K4 500) e Pequín 2008 (K4 500), cuarta en Londres 2012 (K1 200) e sexta en Rio 2016 (K1 200)


Teresa Portela suma a oitava medalla para a delegación española en Tokio 2020 tras o ouro de Fátima Gálvez e Alberto Fernández (tiro olímpico); as pratas de Adriana Cerdeira (taekwondo), Maialen Chourraut (piragüismo slálom); Ray Zapata (ximnasia artística); e os bronces de David Valero (MTB), Pablo Carreño (tenis) e Ana Peleteiro (triplo salto).


Teresa Portela nunha imaxe do comitu00e9 olimpico espau00f1ol


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE