Baixa a espera media no SERGAS para operarse pero sobe a cantidade de galegos esperando, segundo os datos da Xunta

As áreas de Ourense e Ferrol son as de maior tempo de demora a pesar do descenso, con 77,9 e 77,5 días de media respectivamente

|

Os paróns na actividade cirúrxica nos picos das ondas de coronavirus non provocaron maiores esperas medias, pero si máis xente á cola.



Quirofanooperacion2


 
A espera media para unha intervención cirúrxica ao peche do pasado mes de xuño caeu notablemente nas sete áreas sanitarias de Galicia con respecto á cifra da mesma data en 2020, que se disparou debido á primeira onda da pandemia da covid-19.


No conxunto de Galicia, a demora estrutural pasou de 100,8 días ao 30 de xuño de 2020 a 70,2 á mesma data deste ano --contando co concerto do Hospital Povisa de Vigo--, de acordo cos datos que fixo públicos este martes a Consellería de Sanidade e que presentaron en rolda de prensa o xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal.

DATOS POR ÁREAS
Segundo estas mesmas cifras, todas o sete áreas sanitarias anotaron descensos na espera media, pero os máis notables foron os da Coruña-Cee e Lugo-A Mariña-Monforte, cunha redución de 47,2 e 45,3 días, respectivamente.

En terceiro lugar está a de Santiago-Barbanza, onde a demora para unha intervención cirúrxica reduciuse en 32,4 días. Séguenlle a de Vigo --sen contar Povisa--, cunha baixada de 22 xornadas; e a de Pontevedra-O Salnés, con 20,4 días menos que hai un ano.

Así, os menores descensos anotáronos as áreas de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras (-16,3 días) e Ferrol (-5,2), aínda que cabe matizar que eran os distritos que hai un ano contabilizaban os tempos de espera máis baixos.

MÁIS TEMPO DE ESPERA EN FERROL E OURENSE
Con todo, a ourensá (77,9 días) e a ferrolá (77,5) son as dúas áreas onde os pacientes esparaban máis tempo por unha operación ao peche da primeira metade de 2021.

Tras estas dúas, están a área da Coruña-Cee, cunha media de 74,3 días; a de Santiago-Barbanza, con 71,9; e a de Pontevedra-O Salnés, con 71,7 días de demora.

As dos tempos máis curtos, por baixo dos 70 días, son a de Vigo, con 66,3 días --sen contar Povisa, que ten unha media de espera de 69,2 días--; e a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 53 días de media para unha intervención.

PACIENTES EN LISTA DE ESPERA
A pesar da redución dos tempos, o total de pacientes nas listas de espera en toda Galicia --incluído o Hospital Povisa-- creceu nun ano ao pasar de 36.576 pacientes aos 40.316 que había o pasado 30 de xuño, 3.740 máis.

Por áreas sanitarias catro delas anotaron un ascenso. A que máis, a de Vigo, onde --sen contar Povisa-- conta con 7.836 persoas pendentes dunha operación, 2.050 máis que un ano atrás. Pero ao Hospital Povisa sucédelle o contrario, ao contabilizar 2.766 persoas en espera, 227 menos.

Tamén subiron os pacientes que agardan unha intervención nas áreas de Santiago-Barbanza, a 7.830 (+910); en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, a 4.283 (+820); e en Ferrol, a 2.637 (+803).

No lado oposto sitúanse a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 3.940 persoas pendentes de operarse (-262 con respecto a hai un ano); a da Coruña-Cee, con 7.399 (-184); e a de Pontevedra-O Salnés, con 3.625 (-170).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE