Covid municipios: Vigo e Santiago lideran as alzas e Ourense, A Coruña e Boiro as mellorías


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios, outrora dominado polo verde da nova normalidade, segue moi escuro e non só nas cidades, todas no negro do risco extremo. Os altísimos niveis de Galicia esténdense por case todo o país.


O negro que non só case monopoliza zonas turísticas con moito movemento estival, como A Mariña, O Barbanza, Noia, Arousa, O Salnés, Pontevedra, O Morrazo, Vigo ou O Baixo Miño. Tamén comarcas despobladas -pero con moito retorno de emigrante por vacacións- está no peor de loso niveis posibles, por exemplo Chantada, Verín ou Melide. 


Hai sete municipios coas restricións máximas:  O Barco , Cambados, Sanxenxo, Meaño ,  O Grove,  A Pobra do Caramiñal e Boiro. Mañá o SERGAS revisará as limitacións vixentes.  Todos os concellos con restricións máximas, salvo Meaño, chegarán ao exame do martes cunha clara tendencia á baixa.





Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Coristanco +1
  • Pontedeume +1
  • Valdoviño +1
  • Outeiro De Rei +1
  • Ribadeo +1
  • Vilalba +1
  • Cangas +1
  • Lama A +1
  • Ponche-caldelas +1
  • Cambre +2
  • Muros +2
  • Noia +2
  • Ordes +2
  • Barreiros +2
  • Barco de Valdeorras (Ou) +2
  • Bueu +2
  • Pontevedra +2
  • Ponteareas +2
  • Tui +2
  • Melide +3
  • Pontes de Garcia Rodriguez (As) +3
  • Foz +3
  • Xinzo de Limia +3
  • Meaño +3
  • Mos +3
  • Salceda De Caselas +3
  • Oroso +4
  • Outes +4
  • Cariño +4
  • Poio +4
  • Redondela +4
  • Soutomaior +4
  • Ames +5
  • Culleredo +5
  • Sada +5
  • Baiona +6
  • Grove Ou +6
  • Narón +8
  • Monterroso +8
  • Burela +10
  • Ferrol +12
  • Viveiro +12
  • Verin +12
  • Porriño (Ou) +12
  • Piñeiro (Ou) +14
  • Carballo +17
  • Lugo +17
  • Santiago de Compostela +33
  • Vigo +46




Relación de concellos  cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:

  • Ourense -24
  • Coruña (A) -16
  • Boiro -8
  • Chantada -6
  • Carballiño (Ou) -5
  • Vilagarcia De Arousa -5
  • Betanzos -4
  • Pobra do Caramiñal A -4
  • Sanxenxo -4
  • Tomiño -4
  • Fisterra -3
  • Rianxo -3
  • Mondoñedo -3
  • Barbadas -3
  • Marin -3
  • Nigran -3
  • Ribadumia -3
  • Silleda -3
  • Arzua -2
  • Brion -2
  • Ortigueira -2
  • Porto do Son -2
  • Monforte de Lemos -2
  • Ribadavia -2
  • Caldas de Reis -2
  • Gondomar -2
  • Moaña -2
  • Roseira (Ou) -2
  • Illa de Arousa -2
  • Bergondo -1
  • Cedeira -1
  • Cee -1
  • Curtis -1
  • Fene -1
  • Laracha -1
  • Oleiros -1
  • Padron -1
  • Teo -1
  • Sarria -1
  • Boboras -1
  • Celanova -1
  • Cambados -1
  • Garda (A) -1
  • Meis -1
  • Vilanova de Arousa -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 




COMPOSTELA

O aalcalde de Santiago mostrábase venres preocupado polo impacto das Festas do Apóstolo 2021 nas estatísticas compostelás. Por agora, a capital está a sufrir unha alza preocupante. A incidencia acumulada a 14 días, que en xuño chegou a ser menos de 40 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas, rolda os 600.


O aumento de contagios en Compostela está a ser vertixinoso, cunha curva mesmo máis empinada que na terceira onda. Iso a pesar de que, en teoría, os positivos de peregrinos e turistas non computan -como o  brote de rapaces que facían o Camiño-pois o SERGAS asigna cada positivo ao municipio onde ten rexistrada a súa tarxeta sanitaria.






EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Todos os distritos sanitarios experimentan hoxe alzas do seu cómputo de casos activos, salvo Ourense. Ourense logra o seu segundo descenso en tres días e está claro que alcanzou ou está próximo de a cima da quinta onda. 




Galicia suma xa 33 xornadas consecutivas de aumento dos casos activos que ascenden a 17.298, que supoñen uns 6.200 máis que o luns anterior, ao haber de novo máis contagios (1.115) que altas (570), ao que se engade un falecemento.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden unicamente na de Ourense (-86), mentres que aumentan nas de Vigo (+150), a Coruña e Cee (+135), Lugo (+120), Santiago e Barbanza (+113), Pontevedra e O Salnés (+67) e Ferrol (+45).

 

DATOS DE HOXE POR ÁREA


Os novos contagios de Covid-19 mantéñense desde o martes pasado por encima do milleiro, aínda que se reduciron con respecto á xornada pasada ao situarse en 1.115, que representan 255 menos que os 1.370 do día anterior.

En toda a Comunidade galega foron confirmados 1.170 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 255 menos que o día anterior, dos cales 282 corresponden ao área sanitaria de Vigo; 226, á da Coruña e Cee; 175, á de Lugo; 174, á de Santiago e Barbanza; 154, á de Pontevedra e O Salnés; 89, á de Ouense; e 70, á de Ferrol.

Así, os contaxiados de Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 150.907, deles 34.913 na área da Coruña e Cee; 30.451 na de Vigo; 22.932 na de Santiago e Barbanza; 19.118 na de Ourense; 18.286 na de Pontevedra e O Salnés; 15.499 na de Lugo; e 9.708 na de Ferrol.

 


PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA
Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI aumentan a 25 --tres máis-- e a 233 as que se atopan noutras unidades --28 máis--, mentres que 17.040 pacientes permanecen no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en especial nas da Coruña e Cee; Vigo; Ourense e Lugo; e en menor medida na de Santiago e Barbanza, mentres que se alivia lixeiramente nas de Ferrol e Pontevedra e O Salnés.

En concreto, na da Coruña e Cee aumentan a 11 os pacientes Covid en UCI --dúas máis-- e a 52 os que permanecen noutras unidades --oito máis--; mentres que na de Vigo seguen catro en críticos e soben a 39 os doutras unidades --oito máis--.

Na de Ourense continúan dous pacientes ingresados pola Covid en UCI e aumentan a 51 os doutras unidades --seis máis-- e a área de Lugo segue sen pacientes en críticos, pero conta con 28 noutras unidades --sete máis--.

Pola súa banda, na de Santiago e Barbanza seguen dous ingresados pola Covid en UCI e aumentan a 20 os pacientes noutras unidades --dúas máis--; mentres que na de Ferrol aínda que soben a dúas o críticos --un máis--, descenden a 10 os doutras unidades --dúas menos--.

E a área de Pontevedra e O Salnés mantén catro persoas en UCI e rexistra 33 noutras unidades debido á Covid --unha menos--.PGZkW incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (10)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE