Algo pasa na Coruña, a área leva 10 días cos casos á alza e hai municipios en risco máximo

Municipios de máis de 10.000 habitantes cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: Culleredo +1Oleiros +1Poio +1Arteixo +3Pontevedra +3Coruña (A) +10 Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: Lugo -7Vigo -3Ferrol -2 A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:  COMPARATIVA POR CIDADES As cidades con peores niveis de covid-19 na última semana son A Coruña, Ferrol e Ourense.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios reflicte o progresivo empeoramento do distrito sanitario da Coruña e, en menor grao, Ferrol, mentres nos demais a nova normalidade segue expandíndose, 


Vilamaior e Castropol son os concellos con peores datos na última semana, en proporción á súa poboación. Son os dous únicos que superan a barreira de 250 positivos por cada 100.000 habitantes. Cando se supera esta cifra, o SERGAS valora impoñer as máximas restricións, usando este e outros criterios.


En toda a provincia de Pontevedra os que peor están só están en risco medio, non hai ningún municipio en risco máximo, extremo ou alto.  Son Meaño, Meis, Soutomaior e Vilagarcía, en laranxa no mapa.






Municipios de máis de 10.000 habitantes cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Culleredo +1
  • Oleiros +1
  • Poio +1
  • Arteixo +3
  • Pontevedra +3
  • Coruña (A) +10




Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Lugo -7
  • Vigo -3
  • Ferrol -2




A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 




COMPARATIVA POR CIDADES

As cidades con peores niveis de covid-19 na última semana son A Coruña, Ferrol e Ourense. As tres superan os 25 casos por cada 100.000 habitantes, o que as situá en risco medio segundo os criterios para este indicador do semáforo oficial de alertas.


A outra cara da moeda é para Santiago. Compostela leva case unha semana cun cómputo semanal de 9 ou menos positivos no últimos sete días, o que lle permite ser a única cidade que conquistou unha nova normalidade que domina hai tempo o rural do interior do país. Outras cidades conseguírano antes, pero Santiago é a que está máis aguantando a pesar de que a tendencia xeral de Galicia deixou de baixar.


A Coruña volve ser o municipio con peor balance semanal hoxe, cun +10 no seu cómputo. Basta unha ollada á curva a 14 días da Coruña para comprobar o impacto dunha nova onda de certa magnitude. 


O concello da Coruña gozou da súa mellor situación en torno ao 5 de xuño, cando tiña unha incidencia bisemanal de 47. Desde entón disparouse ata os 81 de hoxe.  Un nivel que case duplica o de Galicia, pois o país ten 41 positivos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Tras o alivio de onte, a curva de casos activos de o distrito sanitario de A Coruña segue co seu preocupante ascenso. Son xa 434 casos activos, a peor cifra desde o 26 de maio. O verdadeiramente preocupante para A Coruña non é o nivel de contagios ou enfermos, é a tendencia. 


O resto de áreas segue á baixa, quizais coa excepción de Ferrol, que nos últimos días parece contaxiarse da mala evolución da súa veciña A Coruña. 



DATOS DE HOXE POR ÁREA

A Coruña nin sequera é a área con máis habitantes de Galicia. Con todo, nas últimas semanas, todos os días é a área con máis novos positivos. Sirva de exemplo hoxe, con 44 diagnósticos herculinos do total de 76 en todo o país, unha cifra do todo desproporcionada para o peso que ten A Coruña no conxunto da poboación galega. A seguinte área con máis positivos hoxe en Pontevedra, e só son 8. 





PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, hai 45 persoas en planta convencional de hospitais. En Santiago, Ourense e Lugo quedan menos de 5. Tras un días sen falecementos, a cantidade de enfermos críticos segue estable en 15. A Coruña é a área con máis presión en UCI, sete críticos. Os seguintes distritos con máis ocupación en UCI son Vigo e Ferrol, e só teñen dous pacientes.



TGuE2 coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE