Expedientará o PP ao edil condenado por chamar chacha para todo a unha rival? Os que insultan son do PSOE, responde Feijóo

O presidente da Xunta e líder do PPdeG , Alberto Núñez Feijóo, incidiu este mércores en que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, recorreu a súa recente condena por referirse á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como "chacha para todo"; á vez que puxo o foco en que "se alguén insulta" son "os dirixentes do PSdeG en Pontevedra e Vigo".

|

O presidente do PPdeG evita  nomear a Gonzalo Durán. O máis crítico que di por mor da condena penal ao seu compañeiro de partido é lembrar que el no seu día xa dixo que chamarlle "chacha para todo de Abel Caballero" a a presidenta provincial Carmela Silva (PSOE) non era correcto.


PSOE pediu aos conservadores que expulsen ao alcalde de Vilanova por cometer un delito leve se el non demite motu proprio. Polo escoitado hoxe, o PP non o vai botar e por escoitado onte, Durán non se vai ir.



Feijóo entrega os avais na sede do PPdeG.Feijóo entregando os avais para repetir como presidente do partido hoxe na sede do PPdeG 

 

O presidente da Xunta e líder do PPdeG , Alberto Núñez Feijóo, incidiu este mércores en que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, recorreu a súa recente condena por referirse á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como "chacha para todo".


ATAQUE Ao PSOE, PARTIDO DA VÍTIMA

O mandatario non criticou ao seu compañeiro de partido polos seus comentarios machistas á vez que puxo o foco en que "se alguén insulta" son "os dirixentes do PSdeG en Pontevedra e Vigo".

Aínda que non o mencionou expresamente, o presidente da Xunta foi foco en numerosas ocasións das críticas do alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero.

Así se pronunciou despois de ser preguntado por se o partido expedientará ao alcalde de Vilanova tras a súa recente condena. Ao tempo, lembrou que no seu día o xa dixo que as manifestacións do rexedor non foran "correctas".

"Iso é todo, veremos en que queda o recurso", resolveu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE