Un neno de 11 anos morre durante unha excursión escolar ao encoro da Fervenza, en Mazaricos

O corpo sen vida dun menor que se entraba de excursión no encoro da Fervenza, en Mazaricos (A Coruña), foi achado sen vida na mañá deste martes.

|

A vítima é alumno dunha escola de Carballo e tiña só 11 anos, segundo indica a prensa local.


A TVG indica que o pequeno gozaba dunha actividade en piragua e chegado o momento déronlles permiso para bañarse, pouco despois perdérono de vista.



O helicu00f3ptero do 061 ás beiras do encoro da traxedia nunha foto de Helico Santiago Twitter

O helicóptero do 061 ás beiras do encoro da traxedia nunha foto de Helico Santiago Twitter 


O corpo sen vida dun menor que se entraba de excursión no encoro da Fervenza, en Mazaricos (A Coruña), foi achado sen vida na mañá deste martes.


CHAMADA DE AUXILIO

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, a as 12,30 horas recibiu a chamada dun particular que pedía axuda para atopar a un neno que caera á auga e que non o localizaban.

Pola súa banda, fontes do operativo de emerxencias explicaron a Europa Press que o menor formaba parte dun grupo escolar que estaba de excusión.


MOITOS MEDIOS  DE RESCATE

Tras recibir o aviso, o persoal do 112 informou os servizos sanitarios, que desprazaron ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos bombeiros de Santa Comba, ao GES de Muros e aos membros de Protección Civil de Mazaricos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE