Máis paradas de produción por problemas de abastecemento de compoñentes en Stellantis Vigo

|

A dirección da planta automobilística do Grupo Stellantis (antes PSA) en Vigo anunciou este mércores ao persoal que, "por causas de forza maior" e ante os problemas de aprovisionamento "que persisten", volverá suspenderse a produción na fábrica nos próximos días.


Arquivo - Traballadora da planta do grupo Stellantis (antes PSA) en Vigo.



Así, paralizarase a actividade nos dous sistemas da factoría (o que monta as furgonetas e o que monta o Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301) o próximos domingo e luns, e volverán traballar o martes 15 de xuño, coa incorporación da quenda B en horario de mañá.

Ademais, prevese que ambos os sistemas volvan parar na quenda de noite do mércores 23 de xuño, e nas quendas de mañá e tarde do xoves 24, así como a xornada completa do mércores 30 de xuño.

A planta viguesa está a sufrir paradas na súa produción de maneira continua desde principios de ano como consecuencia da chamada 'crise dos microchips', que afecta os seus provedores de compoñentes electrónicos.

Para xestionar esta situación, a planta viguesa aprobou a finais de marzo pasado a aplicación dun ERTE acordado coa maioría do comité de empresa (SIT, CC.OO. e UXT) e do que se desmarcaron os sindicatos CIG e CUT. A regulación afecta a traballadores fixos a tempo completo que esgotasen outros mecanismos de flexibilidade, como a adecuación de xornada ou a bolsa de horas, por un máximo de 60 días e ten vixencia ata final deste ano.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress