O "Embruxo" de Baiuca, que xa ten 30 datas confirmadas por toda España, convence á crítica (vídeo)

Teatro A Latina: Madrid Brillante [SOLD OUT]27.03: Barcelona.


|

Esta primavera Baiuca presentaba  o seu segundo disco, “Embruxo”.  Había expectación por descubrir se o músico que está a revolucionar a música electrónica galega lograba repetir éxito. 


Así soa Embruxo, o single homónimo cuxo vídeo se estreou o mes pasado:


O certo é que o traballo cultivou críticas moi positivas en medios musicais pero tamén xeneralistas com   Radio 3JenesaispopRockdeluxeldiario.es ou El Mundo. Mesmo se fixo eco a  NPR, a emisora pública de Estados Unidos. 


Iso si, ao artista tócalle demostrar que tamén é capaz de facer que "Embruxo" funcione en directo, agora que se empezan a reactivar os concertos ao aire libre a medida que remite a pandeia. 


O galego sae de xira este mesmo mes de xuño, facendo paradas en cidades como Sevilla, Selecta, Valencia ou Palencia, entre outras; para iniciar a xira por salas a finais de ano, con citas xa anunciadas en Barcelona ou Santiago de Compostela e cunha importante data en Madrid que se anunciará nos próximos días. 




  • "Embruxo Tour 2021":
  • 07.02: Madrid. Teatro A Latina: Madrid Brillante [SOLD OUT]
  • 27.03: Barcelona. Fabra i Coats: Cara-B Sessions [SOLD OUT]
  • 16.04: Mieres. Folixa de Mieres [SOLD OUT]
  • 17.04: Bilbao. Etxekobe [SOLD OUT]
  • 24.04: Ferrol. Teatro Jofre [SOLD OUT]
  • 21.05: Vigo. Auditorio Mar de Vigo: TerraCeo [SOLD OUT]
  • 23.05: Burgos. Teatro Principal: Entre Candilejas [SOLD OUT]
  • 10.06: Sevilla. Momentos Alhambra: CAAC
  • 11.06: Granada. Selecta Alive: Sala Baseaba
  • 12.06: Palencia. Palencia Sonora
  • 13.06: Brión. Orballo Cultural: Torres de Altamira
  • 17.06: Valencia. Momentos Alhambra: Auditorio Mariña Sur
  • 09.07: Poio
  • 16.07: Cartaxena. A Mar de Músicas [SOLD OUT]
  • 11.07: [Orballo Cultural]: TBA
  • 30.07: Catoira. Romaría Viquinga
  • 06.08: Carballo. Praza do Concello
  • 13.08: Viveiro. Festas de San Roque
  • 14.08: Cerezales do Condado. TROPOS
  • 15.08: Mondariz
  • 19.08: Vilagarcía de Arousa
  • 21.08: Culleredo
  • 27.08: Baiona
  • 28.08: Oviedo: TBA
  • 29.08: Barbanza
  • 03.09: Vila Nova de Gaia (Portugal): TBA
  • 09.10: Barcelona. Sala Apolo
  • 23.10: Palma de Mallorca: TBA
  • 12.11: Santiago de Compostela. Sala Capitol
  • 02.12: Madrid: TBA



Baiuca 800x445





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE