Unhas ducias de traballadores de Veolica dóbranlle o pulso a Inditex tras dúas semanas de folgas
O xigante Inditex non é, precisamente, un fervedoiro de protestas sindicais. Con todo, os proletarios desta subcontrata empezaron cunha folga indefinida o día 10 e tras 18 días lograron parte do seu obxectivo.
"Non imos entrar a negociar nada mentres non se efectivice a readmisión de Rubén", reivindicaron en varias ocasións os folguistas en relación ao seu compañeiro despedido.
Unha pasada protesta de traballadores de Veolia nunha foto de CIG
Os traballadores de Veolia, que fan o servizo de mantemento de Inditex, acordaron suspender temporalmente o paro e as mobilizacións tras chegar a un preacordo coa empresa sobre as principais demandas sociais, segundo informa a CIG.
En concreto, refírese á recolocación do compañeiro despedido e o recoñecemento do dereito á subrogación do persoal de Veolia destinado aos centros de Inditex.
Tras 18 días en folga, a central nacionalista avisa que aínda está en fase de negociación a aplicación do plus de centro de traballo, así como diversos aspectos do convenio colectivo que se abordarán nunha reunión prevista para a semana que vén.
Escribe o teu comentario