O Goberno de Galicia chama de novo a Moncloa para alcanzar un pacto de estado por Ferrol

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a aludir este venres á proposta de pacto de estado por Ferrol que lanzou a Xunta e pediu a implicación das administracións, co foco no Goberno central.

|

O escenario económico que se presenta na cidade departamental e toda a comarca pola falta de traballo en Navantia e o peche doutras industrias deixa á zona nunha situación moi difícil. 


Feijóo, desde Ferrol, insistiu nun pacto de estado para a cidade: "A proposta foi remitida por min, persoalmente, a semana pasada ao presidente do Goberno".


Feijóo, na súa visita a Ferrol.

Feijóo en Ferrol | Foto: EP


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a aludir este venres á proposta de pacto de estado por Ferrol que lanzou a Xunta e pediu a implicación das administracións, co foco no Goberno central.

"A falta de traballo en Navantia está a crear unha enorme incerteza nas empresas auxiliares e para o propio estaleiro público", recalcou, en declaracións aos medios en Ferrol, para engadir que, en consecuencia, "é necesario unha aposta por parte de todas as administracións públicas".

"A proposta foi remitida por min, persoalmente, a semana pasada ao presidente do Goberno", indicou, antes de engadir que o vindeiro martes se trasladará esta iniciativa cun centenar de actuacións ao resto de administracións, como Deputación da Coruña, o conxunto de concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

"Tamén empresarios e sindicatos, todos xuntos, estamos chamados a buscar unha fórmula de novos proxectos, de proxectos tractores, e de investimento público nestas comarcas", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE