Permiso para que bares sen licenza de restaurante que sirvan comida abran ata a 1, pero con medidor de CO2
A Xunta autoriza a esta clase de locais, como bares de tapas ou bocaterias, para que poidan ter clientes ata a 1 da madurgada e non pechar como o resto da hostalería ás 23 horas.
A medida entrará en vigor o sábado ás 00.00 horas, pero deberán contar con medidores de CO2 e rexistro de clientes.
Hostalería | Foto: EP
O comité clínico que asesora á Xunta aceptou a proposta para que bares de tapas e establecementos similares, sen licenza de restaurante pero que ofrezan comidas, poidan atender ao público ata a 1 da madrugada.
Ata o de agora, este horario só tíñano concedido os locais de hostalería con licenza de restaurante, o que primeiro lles facilitou abrir ata as 23 horas e, tras o levantamento do toque de queda, ata a 1 da madrugada.
Con este acordo, que ten que ser agora publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que entrará en vigor o sábado ás 00.00, segundo a información facilitada este xoves pola Xunta, agora tamén se estenderá o horario aos locais como taperías ou casas de comidas.
Iso si, van manter o mesmo tipo de requisitos que xa se esixían aos restaurantes: medidor de CO2 e rexistro de clientes. Os restaurantes tamén teñen instaurada a cita previa e a reserva.
Escribe o teu comentario