Falece un operario en Sarria ao caer desde o tellado dunha casa na que traballaba
Un traballador morreu na mañá deste xoves no municipio lugués de Sarria ao sufrir unha caída desde o tellado dunha casa.
Galicia rexistra un novo falecido en accidente laboral despois do suceso ocorrido este xoves en Sarria no lugar de Céltigos.
O aviso a emerxencias chegou ao redor das 9:30 horas, cando un particular solicitou axuda para un traballador que se caeu desde unha gran altura.
O helicóptero desprazado ata o lugar só puido certificar a morte do home | Foto: EP
Un traballador morreu na mañá deste xoves no municipio lugués de Sarria ao sufrir unha caída desde o tellado dunha casa.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os servizos mobilizados pola central de emerxencias non puideron facer nada pola vida do operario, que faleceu no punto.
Un particular chamou á central do 112 ás 09,30 horas deste xoves solicitando axuda para unha persoa que se precipitou desde o tellado dunha casa situada no lugar de Céltigos, en Sarria.
Ata o lugar mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, cuxos profesionais só puideron certificar o falecemento do traballador.
Escribe o teu comentario