Covid por concellos: Vigo perde medio centenar de casos nun só día; A Pobra, Ribeira e Boiro empeoran

Cunha variación de 52 casos menos en 24 horas, a cidade de Vigo lidera hoxe os descensos de Galicia, que avanza con paso firme na súa melloría. Os datos de hoxe chegan xusto cando se celebrará unha nuevareunión do Comité Clínico do SERGAS.


|

Cunha variación de 52 casos menos en 24 horas, a cidade de Vigo lidera hoxe os descensos de Galicia, que avanza con paso firme na súa melloría. Os datos de hoxe chegan xusto cando se celebrará unha nuevareunión do Comité Clínico do SERGAS. 


Os expertos da Xunta normalmente valoran impoñer as restricións máximas (peche perimetral, clausura hostaleira, etc.) cando un municipio supera os 250 de incidencia semanal, en negro no mapa. Con todo, a evolución de localidades como Ribeira, A Pobra do Caramiñal ou Boiro, que experimentaron un preocupante ascenso de casos nestes últimos días, podería precipitar que se apliquen algunhas restricións na comarca do Barbanza.


Alén da ría de Arousa, Vilagarcía e Vilanova parecen endereitar o seu rumbo. Só Lobios permanece en risco extremo -en negro no mapa-.




Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • A Pobra do Caramiñal +7
  • Lugo +3
  • Boiro +3
  • Culleredo +2
  • O Barco de Valdeorras +2
  • A Coruña +1
  • Cambados +1
  • Ourense +1




Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:



  • Vigo -52
  • Pontevedra -7
  • Cangas -5
  • Vilagarcía de Arousa -5
  • Vilanova de Arousa -4
  • Moaña -4
  • Ribeira -3
  • Santiago de Compostela -3
  • Redondela -2
  • Oleiros -1
  • Nigrán -1
  • Lobios -1
  • Ames -1
  • Mos -1
  • Marín -1




A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



COMPARATIVA DE CIDADES

A gran noticia do día é o descenso que rexistra Vigo con 52 casos menos en só 24 horas. Esta variación corrixe a tendencia á alza da cidade viguesa que viña rexistrando desde fai moitas xornadas e que preocupaba especialmente polos posibles efectos que podería ter a variante india na cidade. Hoxe Vigo conta con menos casos activos que os que tiña o pasado 5 de abril, xusto cando terminou a Semana Santa. 


Pola súa banda, a ciuda de Lugo é a que rexistra o maior salto esta xornada, cunha variación de tres casos máis. Á cidade amurallada séguena A Coruña e Ourense, cun caso máis.


No lado contrario atopamos a Pontevedra, que como Vigo tamén anota un importante descenso con sete casos menos, e Santiago de Compostela, que alivia as súas cifras con tres casos menos e dá un pouco de osíxeno á capital, que tampouco atravesa o seu mellor momento. 


Ferrol, sen cambios, é a única cidade en risco baixo -amarelo no mapa-, mentres que as demais seguen en risco medio -laranxa no mapa-. 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Todas as áreas santiarias ofrecen hoxe descensos nos seus datos, salvo a área de Santiago de Compostela - O Barbanza, que ve repuntar os seus casos activos con oito máis en 24 horas. Arrastrada polo que ocorre na comarca barbancesa, a área da capital detectou onte 28 novos positivos, cunha porcentaxe de positividade nas PCR do 6,2%, o máis alto da xornada.


Soa a área da Coruña computou máis contagios, con 29 novos positivos nun día. Con todo, a positividade foi do 2,6% e os casos activos descenderon en sete menos. Vigo, pola súa banda, lidera este apartado cun descenso de 26 casos activos menos en 24 horas, beneficiado polo gran descenso experimentado na cidade olívica. Tras rexistrar só 19 novos casos, a positividade na área viguesa queda no 3,9%.

 

Tamén Pontevedra, con 21 casos menos, destaca entre os descensos. A área da cidade do Lérez só anotou nove novos positivos, cunha positividade do 2%. Con dez e con once novos positivos atópanse Ourense e Lugo, que descenden en dous e dez casos activos menos respectivamente. A positividade na área auriense é do 3,6%; na lucense do 4,3%. 


Ferrol, pola súa banda, mantense como a área menos afectada con só 84 casos activos tras varios días estancada. Hoxe rebaixa os seus algarismos en dous casos menos.



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Por áreas sanitarias as infeccións activas deste coronavirus redúcense en seis: Vigo (-26), Pontevedra e O Salnés (-21), Lugo (-10), A Coruña e Cee (-7), Ferrol (-3) e Ourense (-2), mentres que aumentan na de Santiago e Barbanza (+8).

Así, a de Vigo mantense á cabeza con 817 casos activos; seguida da da Coruña e Cee, con 598; Santiago e Barbanza, con 443; Pontevedra e O Salnés, con 412; Ourense, con 221; Lugo, con 169; e na cola continúa a de Ferrol, con 84. 


HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria redúcese en seis das sete, xa que unicamente increméntase lixeiramente na de Lugo, onde hai un paciente en UCI --uno menos-- e nove noutras unidades --dúas máis--.

Mentres, na área da Coruña e Cee seguen nove pacientes en UCI e baixan a 31 os que se atopan noutras unidades --catro menos-- e na de Ourense aumentan a tres os críticos --dous máis-- e descenden a 10 os doutras unidades --tres menos--.

Pola súa banda, na de Vigo aínda que soben a 11 os pacientes Covid en UCI --uno máis-- se reducen a 33 os doutras unidades --sete menos--; e na de Santiago e Barbanza aumentan a cinco os ingresados en críticos --un máis-- e caen a 19 os doutras unidades --dúas menos--.

Na área de Pontevedra e O Salnés descenden a sete os pacientes Covid en UCI --dúas menos-- e mantéñense 20 noutras unidades de hospitalización; mentres que na de Ferrol seguen dúas en críticos e baixan a dous os doutras unidades --uno menos--. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE