Atopan "colgado" o corpo do veciño de Navia de Suarna desaparecido desde o 29 de abril

O veciño de Navia de Suarna (Lugo) desaparecido o pasado 29 de abril foi localizado falecido tras dúas semanas de procura infrutuosa coordinada pola Garda Civil.

|

O desaparecido, que sufría problemas mentais, apareceu "colgado", segundo relata o alcalde de Navia, polo que todo apunta a un posible suicidio.


O corpo foi achado a un quilómetro do domicilio do desaparecido, nunha zona frondosa e "bastante escondida", o que dificultou a súa localización nestas semanas de procura. 


Desaparecido navia de suarna

Desaparecido en Navia de Suarna


O veciño de Navia de Suarna (Lugo) desaparecido o pasado 29 de abril foi localizado falecido tras dúas semanas de procura infrutuosa coordinada pola Garda Civil.


O alcalde de Navia de Suarna, Pepe Fernández, confirmou que o corpo do home, veciño da Ventosa, foi achado "a un quilómetro da súa casa, nun sitio bastante escondido, onde hai bastantes árbores".

Tras envorcarse a Garda Civil no rastrexo, por terra e aire cun helicóptero que mesmo tivo un contratempo, o corpo do home de 53 anos aparecía colgado nun "Barreiro" a un quilómetro de distancia da súa casa, nesa parroquia onde era o único habitante.


Pola súa banda, o 112 confirmou que pasadas as 11,30 horas deste martes axentes da Garda Civil confirmáronlle o achado do corpo no lugar de Ventosa, pertencente á parroquia de Moia.

No operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, interviñeron os membros do GES de Becerreá e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá, A Fonsagrada e Pol, que axudaron nas tarefas de rastrexo e localización.

O CIAE-112 tivo coñecemento da desaparición deste home de 50 anos, na noite do día 1 de maio, mediante a chamada de varios familiares. A partir de aí, a Garda Civil activou un operativo de procura, no que tamén colaborou Protección Civil de Cervantes e de Meira e a Unidade de Drons da Axega.


Ademais, por parte do 112 tamén se avisou aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Padrón e á Asociación de Cans de Salvamento e Rescate de Ferrol e de Padrón.


INVESTIGACIÓN

O home apareceu "colgado", indicou o rexedor, polo que, en principio, apúntase a un posible suicidio, pero están abertas todas as liñas de investigación por parte da Garda Civil que leva as pescudas.


Pepe Fernández fixo referencia aos problemas de "saúde" do veciño, que padecía unha enfermidade mental. "Non se sabe o que lle pasou pola cabeza", engadiu. "É unha situación desagradable e dura", lamentou o alcalde.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE