A Deputación de Lugo destina preto de 150.000 euros en diferentes accións para a mellora da Granxa Gayoso Castro

|

A administración provincial reforza o seu compromiso e permitirá, entre outras accións, a reparación de cubertas de varias naves.


Noutra orde, José Tomei, presidente da Deputación, participou nun acto para promocionar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.


Arquivo - Granxa Gayoso Castro

Foto: EP


A Deputación de Lugo investirá preto de 150,000 euros en diferentes actuacións de mellora da Granxa Gayoso Castro.

Entre elas, a licitación do contrato para a prestación dos servizos de control sanitario, leiteiro ou de mantemento do robot para o centro experimental ou a reparación das cubertas de varias naves afectadas polo mal tempo, entre outras.

Doutra banda, o presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou este sábado nun acto da Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur, da Pobra do Brollón, para promocionar o Camiño de Inverno e a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

En concreto, consistiu nun percorrido de case dous quilómetros a través do o roteiro entre o Miradoiro da Capela de Vilachá ata as adegas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress