​Empeza a esclarecerse a operación saída do Celta de Vigo

|

Un dos cinco xogadores cedidos polo Celta xa ten equipo, outro se desvinculará e outra ten moitas noivas.


Okay yokuslu

Okay | Foto: A liga


Co ano case resolvido e callando un final de campaña moito máis satisfactorio que o de anos anteriores, nas oficinas do Celta de Vigo comezan a perfilar a tempada que vén empezando polas saídas. Hai casos como os de Costas, Emre Mor ou Juncá que parecen cantados e a súa etapa no Celta parece que hai tempo que terminou. Outros como Fran Beltrán ou Baeza poderían buscar unha cesión para atopar os minutos que non atopou en Vigo. Pero o traballo a día de hoxe atópase nos cedidos, dos cales algún xa deu rédito.


Son o caso de Vadillo e Okay. O primeiro, que nunca chegou a enfundarse a elástica celeste, xa é xogador do Espanyol por contrato, xa que en caso de ascenso o club barcelonés faríase coa propiedade do extremo,previo pago de preto de dous millóns de euros. Ao final, unha incorporación tan polémica resultou ser realmente beneficiosa para os galegos.


O caso de Okay aínda está por resolverse pero o turco ten un gran cartel e a Eurocopa será un escaparate inmellorable para demostrar todo o seu potencial. Pese ao descenso do West Brom, o otomán foi un fixo no seu equipo desde que desembarcou na Premier League, á que se adaptou como unha luva. Tanto é así, que desde as illas xa apuntan ao interese do Leeds de Bielsa en abordar a súa contratación. Italia tamén chamou á súa porta, e sen dúbida non lle faltarán ofertas encima da mesa do Celta para tratar de recuperar ou gañar algo máis dos 6 millóns que pagou no seu día.


Os maiores problemas tenos en Segunda División, especialmente en Zaragoza. A tempada do Toro Fernández foi moi decepcionante. Non foi capaz de facerse indiscutible no Real Zaragoza e foi obxecto de criticas por parte da afección maña, que non celebrou nin un só gol do charrúa. O seu valor devaluouse de forma que agora vale a metade do que valía cando aterrou en Balaídos. A mellor opción é un regreso a Sudamérica, onde aínda conta con moitos admiradores.


Mentres, Jozabed xa mostrou o seu desexo de continuar ligado ao Málaga, e na Sede non poñerían moitos problemas á hora de deixar ir ao centrocampista gratis, do mesmo xeito que co canteirán Juan Hernández, que parece non ter sitio no esquema de Coudet. Con todo, polo compromiso mostrado sempre, a Hernández tratarán de darlle a mellor saída posible ou, mesmo, talvez a oportunidade de tentar agradar o míster.


Outro tema será a portería. Co adeus de Sergio Álvarez, o Coudet terá que escoller entre dar a oportunidade a Villar, titular nestas últimas xornadas, de competir por un posto con Rubén Blanco ou buscar no mercado unha opción sedutora, como DiegoMariño, eternamente ligado ao mercado celeste.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE