Jesús Manuel Pérez Cortés asume o cargo de secretario xeral da Unión de Gardas Civís en Ourense
A plataforma de Gardas Civís presentou ao novo secretario xeral da organización en Ourense.
A plataforma de Gardas Civís presentou ao novo secretario xeral da organización en Ourense.
Jesús Manuel Pérez Cortés, destinado no posto de Ribadavia, asume as súas novas funcións e ponse "ao dispor dos demais axentes" da provincia.
De esquerda a dereita: Mguel Crespo (Lex Auria), J.M. Pérez Cortés, Borja Fernández e Marcelino García | Foto: Unión GC
Na posta de longo de Pérez Cortés, realizada no despacho de avogados Lex Auria, estivo presente Marcelino García, presidente de Unión de Gardas Civís, e Borja Fernández como representante en Galicia da organización.
Desde a organización sinalan que Pérez Cortés ten un amplo percorrido no corpo e que “coñece perfectamente a idiosincrasia da provincia e a problemática da Garda Civil en Ourense”.
Nese sentido, ao novo secretario xeral na provincia auriense espéralle unha ardua tarefa no que se refire aos deberes que ten a Garda Civil en Ourense, xa que é das poucas Comandancias de España que aínda non dispón dunha Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC), unha das reivindicacións do colectivo.
A USECIC -unha unidade está constituída por un sarxento 1º, un cabo 1º e unha ducia de axentes- supoñería un escalafón intermedio entre as patrullas rurais e os equipos GRS, o que dotaría á provincia de máis seguridade ao contar cun grupo de resposta máis rápido e de axentes cun maior grao de especialización, ademais de apoiar ao resto de unidades territoriais pola súa capacidade para asumir distintos labores.
Escribe o teu comentario