A semana con menos mortes desde o verán pero os novos positivos covid non acaban de baixar


O país vive unha tempada de estabilidade no que a cantidade de novos diagnósticos refírese, aínda que a situación é moi dispar, excelente na área de Ferrol, preocupante na área de Vigo


|

O país vive unha tempada de estabilidade no que a cantidade de novos diagnósticos refírese, aínda que a situación é moi dispar, excelente na área de Ferrol, preocupante na área de Vigo


A taxa de letalidade está a esborrallarse grazas ás vacinas. A media móbil anda polo 0,7% cando no pico da onda de xaneiro rozou o 4%


aparición de varios casos de cepa india en Vigo non relacionados con ningún brote coñecido e o as consecuencias do novo alivio de restricións desde hoxe son os principais nuboeiros no horizonte





Os 172 novos positivos confirmados hoxe por PCR confirman a estabilidade da pandemia, aínda que a incidencia acumulada semanal sobe lixeiramente. Galicia pasa de 38,8 a 39,7 positivos por 100.000 galegos no últimos sete días. É a segunda vez nesta semana que sobe este indicador, a anterior foi o luns.


Abrindo o foco a dúas semanas, a incidencia acumulada a 14 días baixa un pouco, de 82,6 a 81,9. Este indicador leva á baixa desde o 24 de abril, aínda que a caída é moi paulatina.


A taxa de positividade de onte foi excelente, só o 1,9%. Porcentaxe que axuda a manter a media móbil a sete días, o indicador máis importante, no 2,1%.


SITUACIÓN DOS DIFERENTES INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS


Calquera media semanal por baixo do 4% pon a Galicia no mellor dos niveis posibles para este indicador, segundo os criterios do semáforo estatal de alertas covid-19. O país leva aguantando nese nivel desde mediados de marzo e, visto o músculo de capacidade de facer PCRs exhibido polo SERGAS e a traxectoria da pandemia, en teoría non debería volver nunca a subir a outro nivel.


As incidencias acumulada e bisemanal seguen en risco medio, pero máis próxima a risco alto que a risco baixo. Con todo, as súas dúas curvas empezaron a afastarse da fronteira co risco alto hai unhas semanas e en teoría deberían seguir descendendo ao fío da retirada da pequena cuarta onda. 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -1.2%, o que contribúe a seguir baixando a media semanal, que pasa do -0.2% ao -0.6%.


 


En termos absolutos isto significa un descenso de 36 casos activos respecto onte, o que pon o total en 2.987 casos activos.  A tendencia é á baixa desde mediados de abril e desde principios de maio cada día tende a haber menos enfermos.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:


  • A pandemia está nunha fase de estabilidade en Galicia, aínda que as cifras das últimas xornadas non son especialmente halagüeñas. O leve descenso do que gozaba o país parece que está a perder algo de forza, de feito hoxe a incidencia acumulada semanal sobe.
  • O coronavirus parece que entrou noutra fase de comportamento. Os cambios que se producen son moito máis paulatinos e dun calibre moito menor que en anteriores meses, o que aumenta a capacidade de reacción do SERGAS á hora de ir programando macrocribados como os de próximos en Chantada e Betanzos.
  • En teoría os datos debesen seguir estables cunha lixeira tendencia á baixa ata, polo menos, finais da próxima semana. Entón, deberían empezar a verse os efectos da maior mobilidade, ao fío do fin do estado de alarma e da ampliación de horarios hostaleiros.
  • A experiencia dinos que ese repunte é case inevitable. Cada vez que hai máis desprazamentos e cada vez que hai máis tempo para pasar en bares e restaurantes soben os contagios e viceversa. Así o proban os éxitos da Xunta á hora de conter ducias de brotes municipais declarando perimetros municipais e limitando horarios hostaleiros. A gran dúbida é o calibre deste suposto próximo repunte e a esperanza é que, dado o avance da vacinación, calquera alza sexa pequena e controlable.
  • As vacinas lograron xa reducir a letalidade da pandemia moitísimo. Por exemplo, esta semana faleceron só catro persoas, a mellor cifra desde a última semana de agosto de 2020.


DATOS POR ÁREAS

Vigo volve ser o distrito sanitario con máis novos diagnósticos. De feito, os 65 novos positivos desta área supoñen case o 40% dos comunicados hoxe en Galicia, unha porcentaxe desproporcionada. A isto hai que engadirlle a preocupación pola aparición doutro caso de cepa india en Vigo que, ademais, non ten relación coñecido cos positivos detectados en varios buques.



Pola contra, os datos de Ferrol volven ser excelentes, con só dous novos positivos. Ferrol completa toda unha semana con menos de 10 positivos diarios. Máis datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.


CDikt novos falecidos diarios por covid 19 en galicia




 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE