(VÍDEOS) Dan por controlado o incendio na conserveira Jealsa Rianxeira en Boiro á espera da choiva

O incendio, de grandes dimensións tal e como reflicten as imagenes, produciuse esta mañá e os bombeiros parecen estar a traballar na zona.Por agora descoñécense tanto a orixe das chamas como o alcance das mesmas, aínda que, polo fume negro que se divisa desde distintos puntos do Barbanza, todo parece indicar que se trata dunha situación grave.


|

O incendio, de grandes dimensións tal e como reflicten as imaxes, produciuse este mediodía e os bombeiro levan máis de seis horas traballando na zona.


Por agora descoñécense tanto a orixe das chamas como o alcance das mesmas, aínda que, polo fume negro que se divisou desde distintos puntos do Barbanza duante o sábado, todo parece anticipar que se trata dunha situación grave.






Nos vídeos, que circulan por redes sociais, apréciase unha impoñente columna de fume procedente da factoría boirense, un dos principais motores económicos da zona, con importantes contratos para grandes cadeas de supermercados e da que dependen moitas familias.


O intenso vento que golpeou esta xornada a Ría de Arousa dificultou notablemente os labores de extinción. Con todo, as previsións meteorolóxicas poderían acompañar a partir desta madrugada, cando se espera a entrada dunha fronte que deixará intensas choivas na comarca ao longo da xornada do domingo e que prevalecerá ata ben entrada a próxima semana. 


LUME E EXPLOSIÓNS

Traballadores indican para este medio que o lume se atopou en a zona das liñas de limpeza do peixe que logo se utiliza para os envasados da marca Rianxeira. Algunhas fontes mesmo falan de explosións na zona, polo que non se descarta que o lume puidese alcanzar á maquinaria relativa á zona de caldeiras ou motores de frío, espazos nos que púidose iniciar o lume, unha tese na que parecen ampararse desde o Concello de Boiro. 


José Ramón Romero, alcalde do municipio, comentou que, afortunadamente, o vento soprou de forma favorable, en dirección contraria ao eixo central da empresa. Por isto, confía en que as chamas "non afecten o resto da instalación" e contéñase na cámara frigorífica. 







A última hora da tarde os efectivos trataban de evitar que o lume afectase os depósitos de amoníaco e á zona de produción da factoría. Ao redor das 21 horas deuse por controlado o incendio.


WhatsApp Image 2021 05 08 at 21.41.59

Interior da fábrica 


Tampouco se pode descartar, coa información coa que conta Galiciapress nestes momentos, feridos ou persoal no interior das instalacións.






AMPLO DESPREGAMENTO

Doutra banda, a Xunta viuse obrigado a activar o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, Platerga, co fin de garantir a coordinación entre os organismos mobilizados debido ao incendio. Na zona traballan bombeiros de Boiro, Ribeira e Ribadumia, do mesmo xeito que GES de Noia, efectivos de Protección Civil e medios aéreos. 


Salvamento Marítimo e Gardacostas tamén operan no lugar do incendio, xunto con axentes da Policía Local e Garda Civil nun operativo no que se evacuou aos residentes dalgúns domicilios próximos á factoría. Os veciños regresaron ás súas casas unha vez deuse por controlado o lume. 


Noutra orde, atópase na zona o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, que segue a evolución dos labores de extinción. "Téntase salvar unha parte importante da fábrica", admite Rueda, á vez que recalca que os traballos se están desenvolvendo "por terra, mar e aire" co fin de evitar que o lume afecte a máis espazos da factoría e polo risco ambiental que supón.


Tamén Pilar López-Roibóo, subdelegada do Goberno da Coruña, desprazouse ao lugar: "Á empresa dixémoslle, do mesmo xeito que ao Concello, que poñemos á súa disposición todos os servizos da Administración Xeral do Estado para tratar de temperar todos os danos que poidan sufrir a empresa e os traballadores".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE