Cribado nun colexio de Betanzos onde o venres había 4 casos de covid, A nosa Señora do Carmen

A área Sanitaria da Coruña e Cee convocou para este martes, no marco dos cribados poboacionais que realiza o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para detectar posibles casos asintomáticos de Covid-19, a 220 alumnos e profesores dun centro educativo de Betanzos.

|

O centro trambién é coñecido coa denominación de CPR Nosa Señora de Atocha de Betanzos 


O cribado está previsto tanto para nenos de primaria como de ESO, a pesar de que o venres non había ningunha aula pechada


Entrada ao CPR  Nosa Seu00f1ora de Atocha en Cambados nunha imaxe de Google Street View

Entrada ao CPR N nunha imaxe de Google Street View 


A área Sanitaria da Coruña e Cee convocou para este martes, no marco dos cribados poboacionais que realiza o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para detectar posibles casos asintomáticos de Covid-19, a 220 alumnos e profesores dun centro educativo de Betanzos.


Segundo informou esta área sanitaria, continúa cunha "intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19, polo que este 4 de maio terá lugar un cribado mediante test PCR aos alumnos de Educación Primaria e ESO, así como ao profesorado destes cursos de o CPR Nosa Señora de Atocha de Betanzos.

En concreto, sinalaron as mesmas fontes sanitarias, o lugar elixido son as instalacións do propio centro educativo, onde se farán as probas PCR entre as 9,00 e as 13,00 horas.


No último listado de casos activos de centros escolares,só aparecía unha listaxe neste centro. O SERGAS distribuíu esa listaxe o sábado, con datos recollidos o último día lectivo, o venres.  Nesa listaxe, o centro aparece denominado como CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carmen

Soprende por tanto que hoxe luns anúnciese un cribado. Aínda que o SERGAS non o confirmou, é lóxico pensar que se detectou algún tipo de brote alí.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE