Bono Activa Comercio da Xunta : Así se descarga, usa e sácase o máximo proveito ao desconto de 30€

Hai dúas opcións: Wallet Passes para os que teñan un teléfono Android Apple Wallet para os que teñan iPhone e outros aparellos co iOS. Afortunadamente, a propia web da Xunta xa nos proporciona dúas ligazóns profundas para, no caso de non telas no noso móbil, instalalas.


|

O Bono Activa Comercio está a nacer sen problemas, a diferenza da Tarxeta Turística #QuedamosenGalicia, que colapsou a Sede electrónica da Xunta ante a avalanchas de solicitudes.


Bono activa comercio xunta


Un dos motivos desta diferenza é a facilidade para solicitar o Bono Activa Comercio. Basta un número de identificación (DNI, NIE, etc.), un número de teléfono e unha conexión a Internet.


Para pedilo, hai que conectarse á web  bonosactivacomercio.gal . Seleccionar a opción de "Cliente" e despois "Quero ou meu desconto".


Tras encher un simple formulario, o sistema mándanos un SMS cun código para verificar que o número de teléfono que introducimos é realmente o noso. Verificado o número xa temos acceso ao sistema.


Só nos fata activar o bono. Aí é onde o proceso pode resultar algo complicado para persoas, como as maiores, non moi destras nas novas tecnoloxías.


O bono funciona mediante unha carteira virtual. Hai dúas opcións:


  •  Wallet Passes para os que teñan un teléfono Android
  •  Apple Wallet para os que teñan iPhone e outros aparellos co iOS. 



Afortunadamente, a propia web da Xunta xa nos proporciona dúas ligazóns profundas para, no caso de non telas no noso móbil, instalalas. Completado o proceso de instalación, xa teremos o bono de 30 euros activado no noso aparello.


ONDE E COMO GASTAR O BONO ACTIVA COMERCIO

Como gastalo? Hai que buscar un comercio adherido á campaña, que mostrarán nos seus escaparates o logotipo da promoción. 


Hai unha gran diversidade, desde pequeno comercio ata tamén algunhas cadeas de supermercados. A propia web ten un fácil buscador por municipios, que ademais integra Google Maps, polo que podemos ver todos os comercios adheridos que están preto á nosa casa.


Ao pagar, presencialmente, debemos mostrar o código para solicitar o desconto. O comerciante escanearao coa súa aplicación propia e listo.


COMO SACARLLE O MAIOR RENDEMENTO?

Iso si, hai limitacións. Os 30 euros do bono só pódense utilizar en compras de máis de 30 euros ou de máis de 50 euros. 


Se nos gastamos entre 30 e 49,99 euros teremos un desconto de 5€. Isto equivale a un desconto máximo do 16,6%, se nos gastamos 30 euros, porcentaxe que irá baixando paulatinamente a medida que nos acheguemos a 49,99.


Se nos gastamos máis de 50 euros poderemos acceder a unha rebaixa de 10 euros. Isto é un desconto máximo do 20%, se nos gastamos xusto 50 euros. A porcentaxe de rebaixa baixará a medida que o prezo se afaste dos 50 euros.


Cada vez que utilicemos o bono o saldo da carteira virtual do noso móbil descenderá. O sistema permite combinar os descontos como queiramos. Loxicamente, sen pasar de 30 euros.


 Poderemos, por exemplo, usar todo o bono en seis descontos en seis compras de entre 30 e 49,9 euros.


Con todo, o máis eficaz, de ser posible, será utilizalo en tres descontos de 10 euros de tres compras de xusto 50 euros.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE