Variante india confirmada en varios dos mariñeiros do mercante de Vigo

O Sergas pide calma porque está cepa parece que non é capaz de burlar ás vacúas


|

O Sergas pide calma porque está cepa parece que non é capaz de burlar ás vacinas


Barco ro-ro 'Prometheus Leader', atracado en Vigo e en corentena, tras confirmarse 6 positivos de COVID, tres deles coa variante india do virus.


Sanidade confirmou este sábado que tres das cinco mostras de Covid-19, pertencentes a tripulantes do buque 'Prometheus Leader' (que permanece en corentena no porto de Vigo) correspóndense coa denominada variante india do virus.

Segundo informou o Sergas, o Servizo de Microbiología do Hospital Álvaro Cunqueiro detectou a presenza da variante india en 3 das 5 mostras analizadas de tripulantes contaxiados.

Trátase da variante B1.617, subvariante 2, que, segundo Sanidade, "é sensible á vacina". "Por tanto, neste momento, este brote está localizado e controlado", sinalaron as mesmas fontes.

O barco ro-ro 'Prometheus Leader', con bandeira de Singapura, permanece atracado no peirao de transatlánticos do Porto de Vigo desde principios de semana, despois de que desen positivo por Covid 6 dos seus 22 tripulantes.

O Sergas decidiu realizar a secuenciación xenómica de mostras de cinco dos afectados, polo seu perfil clínico e por ser persoas procedentes de India. Agora os estudos desvelaron que tres casos correspóndense coa variante india.

Do total de tripulantes infectados hai dous que tiveron que ser hospitalizados, e que permanecen "estables" en planta do Hospithal Vithas de Vigo. O resto de contaxiados presentan síntomas leves ou son asintomáticos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE