Cinco posibles casos de cepa india de coronavirus nun barco que chegou a Vigo esta semana

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou estudos para determinar se o tipo de covid-19 co que se contaxiaron cinco mariñeiros que chegaron o pasado martes a Vigo a bordo dun buque con bandeira de Singapura correspóndese coa variante da India.

|

Dous dos mariñeiros positivos por PCR xa tiveron que ser hospitalizados, incluído un home de só 28 anos


A cepa india é máis contaxiosa que outras, segundo as primeiras estimacións científicas, e está detrás da crítica situación que sofre o xigante asiático


A terminal de coches de Bouzas sofre perigo de bloquearse debido a que o buque esta amarrado alí, en corentena e con parte da tripulación enferma



O tranposrte de coches Prometheus Leader  nunha imaxe de arquivo en Alemaña

O tranposrte de coches Prometheus Leader nunha imaxe de arquivo en Alemaña / Tvabutzku1234 Creative Commons CC0 1.0 Universal Public Domain Dedication 


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou estudos para determinar se o tipo de covid-19 co que se contaxiaron cinco mariñeiros que chegaron o pasado martes a Vigo a bordo dun buque con bandeira de Singapura correspóndese coa variante da India.

O Sergas comunicou que o servizo de Microbiología do Hospital Álvaro Cunqueiro "está secuenciando as mostras" destas cinco persoas para "determinar o tipo de variante do virus". Trátase dun proceso "longo e complexo", polo que os resultados tardarán varios días.


Os POSITIVOS PROCEDEN DE INDIA

Segundo puido saber Europa Press, a profesionais da área Sanitaria de Vigo decidiron secuenciar as mostras destas persoas porque "algúns" dos tripulantes do buque proceden da India, entre eles os cinco positivos, así como polo perfil clínico que presentan.

O barco no que chegaron a Vigo, de nome 'Prometheus Leader', é un roro de mercadorías con bandeira de Singapura. Chegou á cidade olívica procedente de Reino Unido, concretamente do porto de Southampton. Na tarde do martes atracou no peirao de Bouzas, aínda que este mércores trasladouse ao Peirao de Transatlánticos, onde a previsión é que permaneza amarrado ata o 10 de maio.


UN MARIÑEIRO DE 28 ANOS NO HOSPITAL

Dous dos mariñeiros contaxiados por covid atópanse ingresados no Hospital Vithas de Vigo. Tal e como puido saber Europa Press, trátase dun home de 67 anos e outro de 28, ambos de orixe estranxeira.

O sexagenario acudiu o pasado martes ao servizo de urxencias do hospital "con sospeitas de enfermidade respiratoria". Tras realizarlle a proba de antígenos e unha PCR, os médicos "aconsellaron o seu ingreso en planta para a súa recuperación". Pola súa banda, o mozo ingresou en planta "debido a complicacións derivadas" do covid.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE