Covid por concellos: Vigo mantén o seu ascenso sen freos, repuntan Cangas e Carballo e melloría na Coruña

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal, indica un panorama radicalmente distinto en cidades como Santiago de Compostela, en risco baixo, e Vigo, en risco alto.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal, indica un panorama radicalmente distinto en cidades como Santiago de Compostela, en risco baixo, e Vigo, en risco alto.


A costa, especialmente as rías de Arousa e Vigo e a área metropolitana da Coruña, conta con as localidades onde máis está a castigar a pandemia nestes momentos, aínda que algúns datos poderían indicar que comeza a perder certo fol. 


Hoxe destancan especialmente as subidas de Vigo, Carballo e Cangas, mentres que A Coruña e O Grove atópanse no lado oposto, con descensos moi pronunciados en 24 horas. 







Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Verín +1
  • Vilanova +1
  • Redondela +1
  • Gondomar +2
  • Marín +2
  • Santiago de Compostela +2
  • Pontevedra +2
  • Ribeira +4
  • Ferrol +5
  • Cangas +6
  • Carballo +9
  • Vigo +18



Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:



  • Ames -1
  • Nigrán -1
  • Arteixo -2
  • Vilagarcía -2
  • Ponteareas -2
  • Cambre -3
  • Lugo -3
  • Coristanco -4
  • Oleiros -4
  • Ourense -4
  • O Grove -7
  • A Coruña -9




A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



COMPARATIVA DE CIDADES

Vigo é a que máis sobe hoxe cunha variación de 18 casos máis en só un día. Tamén Ferrol, con cinco casos máis, anota un repunte sobresaliente, mentres que Santiago de Compostela e Pontevedra soben pero con apenas dous casos.



No lado oposto vemos A Coruña, que hoxe capitanea os descensos no conxunto de Galicia con nove casos menos. Ourense, con catro menos, e Lugo, con tres, tamén melloran as súas cifras en 24 horas. 



Con estas cifras, a cidade olívica mantense en risco alto, en cor vermella, a única de todas as cidades que o fai. Mentres, a capital galega ofrece un comportamento prometedor, ao ser a única en risco baixo, en cor amarela. As demais cidades están en risco medio.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Por áreas só atopamos esta xornada o descenso de Lugo, con cinco casos menos desde onte. Tras detectar trece novos positivos e cunha positividade do 3,2% nos test, a lucense é a única que rebaixa hoxe as súas cifras.


As demais suman todas, aínda que na maioría de casos son saltos apenas notorios. Só Vigo, cunha vintena, e Ferrol, cunha decena, repuntan considerablemente. A viguesa constatou 67 novos positivos en 24 horas, a cifra máis alta da xornada, pero a súa positividade foi do 2,3%. Ferrol, en cambio, só detectou once contagios, pero a súa positividade nas probas foi do 7,4%. 


Tamén unha positividade alta, do 6,6%, lanza Santiago. A área da capital anotou 19 novos positivos e subiu en sete casos activos máis. Pola súa banda, Pontevedra, Ourense e A Coruña suman só tres, dous e un caso activo máis. A positividade nestas áreas foi do 0,9%, do 1,7% e do 2% tras detectar 22, once e 38 novos positivos, respectivamente. 



Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 24 de abril o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.977, dos cales 729 son da área da Coruña, 205 de Lugo, 265 de Ourense, 469 de Pontevedra, 843 da área de Vigo, 346 de Santiago e 120 de Ferrol. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Pola súa banda, os casos activos no conxunto de Galicia aumentaron por cuarta xornada consecutiva, tras o lixeiro descenso rexistrado o pasado martes, e sitúanse nos 2.977 pacientes --38 máis--. Isto ocorreu porque no último día os novos diagnósticos superaron ás altas.

Por áreas sanitarias, os pacientes con covid-19 tan só descenderon na área de Lugo, ata o 205 --dez menos--, mentres que no resto subiron.

En concreto, na de Vigo colocáronse nos 843 (+20); na Coruña, en 729 (+1); en Pontevedra, en 469 (+3); en Santiago, en 346 (+7); en Ourense, en 265 (+2); e en Ferrol, en 120 (+10). 


HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

A presión asistencial que deixa a pandemia do coronavirus sufriu un alivio nas últimas horas ao baixar en 10, ata os 189, as persoas ingresadas nos hospitais galegos. Con todo, os casos activos da enfermidade manteñen a súa tendencia ascendente por cuarta xornada consecutiva, ata os 2.977, mentres que os novos contagios detectados, aínda que diminuíron, mantéñense por encima dos 200.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con cifras solicitadas ata as 18,00 horas deste venres. Así, os rexistros indican que a caída da presión hospitalaria débese ao descenso nos pacientes con covid en planta, ata os 146 --10 menos--, xa que os de unidades de coidados intensivos (UCI) mantéñense en 43, sen variacións.

Por áreas sanitarias, tres das sete ven reducido o número de pacientes hospitalizados. É o caso da Coruña-Cee, onde se rexistran un total de 55 ingresados (-9), dos que nove (-1) están en críticos.

Tamén ocorreu isto mesmo na área de Pontevedra-O Salnés, con 21 persoas ingresadas (-4), cinco delas (sen cambios) en coidados intensivos; e na de Lugo-A Mariña-Monforte, con 11 hospitalizados (-1), dos que catro (sen cambios) mantéñense na UCI.

Mentres tanto, a cifra de ingresados mantívose sen variacións nas áreas de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras --27 hospitalizados, 10 deles críticos-- e Ferrol --11 ingresados, dos cales hai dous en coidados intensivos--.

Finalmente, onde si subiu a presión hospitalaria, aínda que lixeiramente, foi na área de Vigo, con 40 ingresados (+3), aínda que se manteñen sen cambios as UCI, con oito; e en Santiago-Barbanza, con 24 pacientes covid (+1), dos que cinco (+1) están críticos. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE