Ferido grave un operario ao caer desde unha estada preto da praia de Coira, en Porto do Son

Un operario sufriu feridas de consideración despois de caer dunha estada que utilizaba para arranxar un portal en Porto do Son (A Coruña).

|

O afectado trataba de arranxar un portal e necesitou a asistencia dun helicóptero medicalizado.


A nave viuse obrigada a aterrar no areal de Portosín, preto do lugar no que se produciu o suceso. 


Helicu00f3ptero en porto do son

Helicóptero en Porto do Son | Foto: @HelicoSantiago


Un operario sufriu feridas de consideración despois de caer dunha estada que utilizaba para arranxar un portal en Porto do Son (A Coruña).


O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 17,15 horas, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador ferido.



Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.


Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso produciuse nas proximidades da Praia de Coira, en Portosín.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE