Os concellos no nivel de restricións máis baixo poden celebrar eventos deportivos con mil espectadores
Como coas competicións deportivas, cinemas, teatros e auditorios poderán aumenta o seu aforo nos municipios coa mellor situación epidemiolóxica.
Afeccionados do Racing de Ferrol ante da pandemia | Foto: EP
As competicións deportivas, cinemas, teatros e auditorios nos concellos con restricións de nivel medio baixo, é dicir, os que teñen actualmente menos limitacións establecidas, poderán duplicar os seus aforos actuais e alcanzar os mil ao aire libre. Isto poderá suceder en todas as cidades galegas --A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela--, salvo en Vigo, ademais de en o resto de municipios con menos límites.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de actualizar os aforos para este tipo de celebracións e espectáculos que, para o resto de concellos de Galicia, está establecido nun máximo de 250 e o 30 por cento de aforo en lugares pechados e de 500 en actividades ao aire libre.
Con todo, a maioría dos municipios galegos poderán aumentar a capacidade de público. Así, poderá haber ata 500 persoas en lugares pechados e mil en eventos ao aire libre.
Con todo, co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea nas butacas e haberá unha planificación adecuada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asitentes.
Deberán establecerse medidas para manter a distancia de seguridade e outras de prevención contra a covid-19, así como o uso da máscara será obrigatoria en todo momento, mesmo se hai distancia.
Os eventos requiren un rexistro de asistentes, que deberá ser custodiado durante un mes despois, coa información de contacto dispoñible para as autoridades sanitarias. Deberán, así mesmo, intensificarse os labores de limpeza e ventilación de interiores.
MERCADOS
Doutra banda, o DOG tamén recolle as novidades de postos para os mercados ao aire libre, que no caso de que sexan menos de 150 postos autorizados, poderán dispoñerse xa o 100 por cen dos habituais ou autorizados.
Nos mercados de entre 150 e 250 postos, poderán dispoñerse do 75 por cento e nos que teñan máis de 250 postos autorizados, o 50 por cento.
Cabe lembrar que, desde este venres, estarán en situación de máximas restricións os concellos de Carballeda de Valdeorras, Cualedro, O Grove e A Pobra do Caramiñal.
En restricións altas haberá 14: O Barco de Valdeorras, Cambre, Cortegada, Lobeira, Marín, Meaño, Meira, Muíños, Padrenda, Petín, Ribadumia, Ribeira, Rubiá e Vilanova de Arousa.
Con restricións medias son os seguintes: Barreiros, Boiro, Cambados, Cangas, Carral, Cartelle, Catoira, Gondomar, A Illa de Arousa, Lobios, Meis, Muxía, Ortigueira, Ponteareas, As Pontes de García Rodríguez, Rianxo, Sanxenxo, Trabada, Vigo e Vilagarcía de Arousa. No resto rexen as restricións medio baixas.
Escribe o teu comentario