O CD Lugo e Saqués xóganse a permanencia á carta de Rubén Albés

O presidente Tino Saqués dá as chaves do equipo a Rubén Albés, o cuarto adestrador do Lugo este curso.


|

O presidente Tino Saqués dá as chaves do equipo a Rubén Albés, o cuarto adestrador do Lugo este curso. 


Rubu00e9n albu00e9s

Rubén Albés no seu primeiro adestramento co CD Lugo | Foto: CD Lugo


Fumata branca no Carro, a terceira da tempada. O CD Lugo, que non carburó ao principio de tempada con , que despegou con Nafti e que se afundiu con Luís César, anunciou o cuarto técnico do curso, encargado de revitalizar a un equipo que mira á cara aos postos de descenso e que só gañou un partido no que vai de 2021.


O cadro lucense só sumou nove puntos nos catro meses que van desde que comezou o ano. Un rexistro paupérrimo que provocou a destitución de Nafti primeiro, que chegara para remplazar a Juanfran e que logrou moi bos resultados nos seus primeiros partidos á fronte do equipo, e de Luís César despois, que na súa segunda etapa no Anxo Carro dirixiu ao conxunto albivermello en oito encontros nos que só sumou tres puntos (tres empates) e apenas celebrou tres goles


Agora chega a quenda de Rubén Albés. O novísimo preparador vigués goza ás súas 36 primaveras dunha ampla experiencia no fútbol nacional, especialmente polas súas etapas nos filiais do Celta de Vigo e Real Valladolid, onde deixou moi bo recordo, aínda que esta será a súa primeira etapa na división de prata. Este reto maiúsculo implica remontar unha situación que ten aos galegos antepenúltimos con 36 puntos, a dous da salvación que marca o Alcorcón. 


Á primeira hora da tarde foi anunciado e xa dirixiu a súa primeira sesión como técnico do Lugo. O sábado espera a Ponferradina no derbi dos Ancares e os obxectivos son claros: recuperar a solidez defensiva que caracterizou a escudásea luguesa na primeira parte da tempada e mellorar a efectividade para porta (só catro equipos meteron menos goles que o Lugo) son os deberes de Albés a curto prazo. 


A longo prazo, Albés ten o reto de non formar parte da historia da entidade como outra vítima da trituradora de Tino Saqués. Por diante sete xornadas para lograr o obxectivo de que nin Albés nin o Lugo volvan á Segunda División B. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE