CESUGA International University (A Coruña) pide ser unha universidade privada propia e recibe críticas da CIG

A CIG critica que o sector empresarial coruñés detrás de Cesuga quere "un anaco da torta" que a Xunta xa abriu con Abanca

|

A entidade leva xa anos impartindo catro títulos, pero faino como filial doutro centro privado aragonés


A CIG carga contra a Xunta por apoiar a universidade privada de Abanca, que entende abriu a veda para que os empresarios exploten este nicho de mercado


O sindicato nacionalista entende que as universidades privadas prexudican ás públicas. Hai que lembrar que o CES criticou o plan de Abanca por duplicidade de títulos.


O conselleiro de Economía, Francisco Conde, nunha xornada no Cesuga

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, nunha xornada no Cesuga 


O centro académico galego Cesuga informou este venres de que deu "o primeiro paso formal" para que o centro sexa recoñecido como Cesuga Internacional University, é dicir, como universidade propia e independente cuxos títulos deixarían de estar adscritos a outra universidade española, a aragonesa San Jorge, como ocorre ata o de agora.


Para iso, trasladouse ao rexistro da Xunta o expediente de cinco tomos polo que se presenta o novo proxecto de universidade. Tras o paso dado por Abanca, trátase do segundo centro académico que se embarca nun proxecto deste tipo.

Segundo os seus promotores, Cesuga International University, a Universidade Dual, nace con grandes ambicións xa que pretende impulsar dous campus en Galicia, así como en varias capitais de América Latina e África.

"Será ademais unha universidade Next Generation, a primeira de Galicia, porque cumpriría cos requisitos marcados desde Europa no seu instrumento de recuperación xa que buscará a empregabilidade do alumno, a implantación das máis modernas tecnoloxías dixitais ao servizo da educación e a investigación e a posta en servizo de modernos laboratorios de última xeración", remarcan.

TÍTULOS DUAIS
Segundo traslada Cesuga, que dirixe o economista e empresario Venancio Salcines, a futura universidade basearase en títulos duais, "a día de hoxe aínda son moi residuais en Galicia", tamén se presentará "unha oferta de títulos completamente actualizados e adaptados á situación actual, e mesmo futura, do mercado".


Na actualidade CESUGA ofrece, segundo a súa web, Administración de Empresas, Publicidade, Arquitectura e Tradución. Non son títulos propios, senón que están emitidos pola Universidade San Jorge, un centro privado de Zaragoza. 

PROCEDEMENTO
Os promotores do centro subliñan que o proxecto nace "adaptado ás esixencias da próxima normativa universitaria nacional para o recoñecemento dunha nova universidade privada".

A partir do rexistro deste expediente ábrese un proceso administrativo no que será avaliado tanto polo Ministerio de Universidades como pola Administración autonómica. Durante ese tempo Cesuga explica que "aproveitará para avanzar e adaptar as súas instalacións para acoller todos os graos que ofrecerá a súa nova universidade".

CRÍTICAS DA CIG
Pola súa banda, a CIG trasladou as súas críticas tamén a través dunha nota na que incide en que a universidade pública galega, "desatendida e abandonada" pola Xunta, "volve recibir un novo golpe" tras a noticia de que "Cesuga, unha empresa na que ten un papel determinante certo empresariado coruñés, non quere renunciar a un anaco da torta que a Xunta quere entregar no sector dos estudos universitarios".

"O exemplo de Cesuga, xa experimentado ao levar anos operando baixo o paraugas de universidades de fóra de Galicia, lembra perfectamente ao que pretende Abanca: entrar a competir directamente coa oferta pública, con titulacións concordantes e mesmo duplicadas, e loitar directamente pola captación de recursos privados aos que accede a universidade pública galega", resolveu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE