Inmunidade de grupo "a finais de agosto", adianta o presidente do Goberno Pedro Sánchez

|

O anuncio do mandatario prodúcese ao mesmo tempo que Bruxelas confirma o vínculo entre a trombose e a vacinación coas doses de AstraZeneca-Oxford


Con todo, España leva 1,7 vacinadas con este preparado e só informou de 7 posibles casos e 1 posible falecemento relacionado 


Previsións do Goberno de vacinación contra o coronavirus en España




O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, compareceu ante os medios para informar sobre os avances na vacinación da poboación española. "Estamos ante o principio do fin da pandemia", asegurou o líder do Executivo español. 


"O ritmo de vacinación vai acelerar este mes de abril", asegurou Sánchez. O presidente do Goberno asegura que, "traballando co escenario máis prudente, máis conservador, na semana do 3 de maio haberá 5 millóns de españois vacinados. A primeira semana de xuño a cifra ascenderá aos 10 millóns; a semana do 14 de xuño chegaremos aos 14 millóns; e a do 19 de xullo aos 25 millóns", confirmou Sánchez. 


Pedro Sánchez celebrou que "España xa ten un horizonte de saída" e, citando a Pío Baroja, lembrou que "a ciencia é a única construción forte da humanidade".




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress