A maior caída de casos activos en Galicia desde o 13 de marzo ten truco: o día con menos PCR desde agosto

A comunidade experimenta a maior caída de casos activos en tres semanas con 83 casos activos menos en 24 horas. Con todo, esta caída nos casos activos na comunidade esconde a maior caída de test PCR realizados desde o 18 de agoso cando se fixeron 1.678 test: onte foron 2222.


|

A comunidade experimenta a maior caída de casos activos en tres semanas con 83 casos activos menos en 24 horas.


Con todo, esta caída nos casos activos na comunidade esconde a maior caída de test PCR realizados desde o 18 de agoso cando se fixeron 1.678 test: onte foron 2.222.



O Venres Santo deixou a maior caída de casos activos desde o 13 de marzo e deixa á comunidade con 2.223, 83 casos menos que onte. Non había tan poucos desde o 21 de agosto, pero tampouco se fixeron tan poucas PCR desde o pasado verán. Con apenas 2.222 test en 24 horas, o número de probas realizadas esborrállase na comunidade. De xoves a venres o cambio foi de 3.227 análise menos.  


Con todo, as PCR destaparon 90 novos positivos. A positividade disparouse ata o 4,05%, a máis alta desde o 26 de febreiro. A positividade media semanal sobe 0,25 puntos. O indicador que si cae é a incidencia acumulada: a sete días é de 30,3 casos por cada 100.000 habitantes; a 14 días son 59,2 casos por cada 100.000 habitantes. 



A caída de casos activos tamén supón unha caída de a media móbil semanal, que mellora un 0,2% con respecto a onte, pasando do -0,6% ao -0,8% de hoxe. A tendencia segue sendo boa, aínda que a un ritmo lento. Con todo, é probable que tras a Semana Santa a tendencia cambie definitivamente e signifique o rebote da comunidade. 


PRESIÓN HOSPITALARIA

A mellor noticia desta xornada é que por terceira vez no que vai de ano non hai que lamentar novos falecidos. As cifras oficiais da Xunta de Galicia reflicten 2.344 vítimas de coronavirus desde o estalido da crise.



Onte recibiron o alta médica 191 pacientes de Covid-19 e a presión hospitalaria rebaixouse en dúas persoas menos nas áreas de pacientes con coronavirus, que aínda ten  180 camas ocupadas. É a segunda caída no que vai de semana.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE