Caballero ofrece pactos en sanidade e autogoberno a Feijóo e pide control parlamentario do diñeiro da UE

|

Feijóo reuniuse este xoves cos líderes a oposición nove meses despois de derrotalos nos comicios autonómicos. Pola mañá foi Pontón e pola tarde Caballero.


O PSdeG tende a man ao PPdeG nalgúns aspectos, pero mostra o seu receo, do mesmo xeito que o Bloque, sobre o destino dos fondos Next Generation


Caballero e Feijou00f3



O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladou "12 grandes acordos" en materia de sanidade, economía e autogoberno ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen viu con "vontade construtiva" para o "diálogo".


PIDE MÁIS DIÁLOGO
En declaracións aos medios tras un encontro co máximo mandatario autonómico que durou máis de dúas horas e media, Gonzalo Caballero considerou necesario "converter un día atípico" como o deste xoves "na normalidade do país". "Que o presidente da Xunta fale cos líderes da oposición debe de ser normal en democracia", afirmou.

Na cita celebrada na sede da Presidencia da Xunta e que se prolongou ata entrada a tarde, o xefe de filas dos socialistas galegos trasladou a Feijóo 12 propostas con cuestións como a necesidade de fortalecer a sanidade e reforzar o plan de vacinación de forma que se "cubra o traballo" que as enfermeiras destinadas a administrar a vacina deixan de prestar na atención primaria.

O PARLAMENTO PARA CONTROLAR As AXUDAS DA UE
A "resistencia do tecido produtivo" a través dun plan de rescate, a crise industrial, a posibilidade de avanzar en competencias en "30 ámbitos", así como a posta en marcha dunha comisión no Parlamento de Galicia que vele polo cumprimento dos proxectos financiados con fondos Next Generation foron outras das ofertas trasladadas por Gonzalo Caballero ao presidente.

relacionada Pontón e Feijóo achéganse en violencia de xénero pero difiren en como usar os fondos de recuperación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE