Covid municipios: Santiago sobe a risco medio, A Coruña mellora e Ourense preto da nova normalidade

O mapa da incidnecia acumulada municipal en Galicia mostra hoxe un notable empeoramento na área sanitaria de Santiago, liderado pola capital e Silleda. Pola contra, a área metropolitana da Coruña mellora, aínda que os seus niveis seguen sendo os peores de todas as periferias urbanas do país. En toda a comarca coruñesa non hai ningún municipio en risco baixo, por ter menos de 25 diagnósticos por 100.000 habitantes á semana, en verde no mapa.


|

O mapa da incidnecia acumulada municipal en Galicia mostra hoxe un notable empeoramento na área sanitaria de Santiago, liderado pola capital e Silleda. 


Pola contra, a área metropolitana da Coruña mellora, aínda que os seus niveis seguen sendo os peores de todas as periferias urbanas do país. En toda a comarca coruñesa non hai ningún municipio en risco baixo, por ter menos de 25 diagnósticos por 100.000 habitantes á semana, en verde no mapa.




Relación de concellos cuxa suma de positivos na última semana baixa hoxe respecto a esa mesma suma onte:  


  • Arteixo -5
  • Monforte de Lemos -4
  • Coruña (A) -3
  • Ourense -3
  • Neda -2
  • Cambre -1
  • Culleredo -1
  • Ferrol -1
  • Gondomar -1


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Oleiros +1
  • Ortigueira +1
  • Cangas +1
  • Marín +2
  • Redondela +2
  • Vigo +2
  • Sanxenxo +3
  • Silleda +7
  • Santiago de Compostela +10


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.

COMPARATIVA DE CIDADES


Santiago é a urbe que máis empeora as súas cifras hoxe, pero non a única. Vigo tamén sofre un repunte nas súas incidencias acumuladas tanto a dúas semanas como a sete días:




No lado positivo da moeda, Ourense adianta a Lugo e convértese na cidade con mellores niveis do país. De feito, no caso da incidencia acumulada a 14 días Ourense está preto dos 25 diagnósticos por 100.000 habitantes en dúas semanas, o que lle permitiría ser a primeira cidade en alcanzar o nivel de nova normalidade:





Ata que punto é preocupante o repunte en Compostela? Desde unha perspectiva de datos de doso semanas, Santiago alcanzou o seu mellor rexistro o pasado luns, con 39 positivos. O problema é que dende entón o cómputo creceu case todas as xornadas ata alcanzar os 52 actuais, que son moi poucos se os comparamos co 740 do pico pero que aínda así implican un rebote significativo en menos dunha semana:




A diferenza de Compostela, Ourense parece non tocar fondo aínda.  Os 31 diagnósticos en dúas semanas actuais é unha cifra excelente para unha capital que chegou a rozar os 1.000 no pico a finais de xaneiro. 





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

As boas noticias é que xa non queda ningún distrito sanitario do SERGAS xestionando a máis de 1.000 pacientes covid. O último en baixar desta barreira psicolóxica, A Coruña, pasa de 1.007 a 998. As malas noticias é que a área de Santiago rebota, de 271 a 280. 


Este ascenso explícase polo menos en parte polos 13 novos positivos detectados no asilo de Silleda. Outro factor que contribúe ao ascenso é o rebote de hoxe na capital de Galicia. Sen estes factores, a gráfica de Compostela suponse que seguiría á baixa. É a primeira vez que os casos activos soben neste distrito desde o pico da terceira onda, o 2 de feberro.




Os casos activos de covid-19 manteñen a súa tendencia descendente en Galicia ao caer ata os 2.519, o que supón 44 menos que a xornada anterior. A diferenza de días previos, nos datos deste domingo tan só unha área sanitaria notifica un incremento: a de Santiago-Barbanza, ata os 280 enfermos de covid (+9).

En canto ao resto, todas descenden. A da Coruña-Cee cae da barreira do milleiro ao situarse en 998 casos activos (-9); a de Vigo baixa a 486 (-1); a de Ferrol, a 203 (-10); a de Pontevedra-O Salnés, a 200 (-10); a de Lugo-A Mariña-Monforte, a 198 (-18); e a de Ourense-Verín-O Barco, a 154 (-5). 

 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Os novos contagios detectados con calquera tipo de proba que suma o Sergas aos seus datos actualizados sitúanse en 107 --104 confirmados a través dunha PCR--. Isto supón unha baixada por segundo día consecutivo, despois dos 161 notificados o sábado e os 188 do venres.

Tan soa a área de Santiago-Barbanza rexistra un repunte das infeccións rexistradas nun día, ata o total de 20 --seis máis--. Ademais, a de Ferrol se estanca ao sumar seis novos casos, os mesmos que nos datos do sábado.

Do resto, todas notifican un descenso: A Coruña-Cee detecta 34 positivos (-21); Vigo, 24 (-1); Pontevedra-O Salnés, 10 (-17); Ourense-Verín-O Barco, nove (-5); e Lugo-A Mariña-Monforte, só catro (-16).

En total, os contaxiados desde o inicio da pandemia en Galicia ascenden a 115.739, dos que 28.046 corresponden á área da Coruña; 21.795, á de Vigo; 18.341, á de Santiago; 14.776, á de Ourense; 12.637 á de Pontevedra; 11.954, á de Lugo; e 8.190, á de Ferrol. 




HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA


Os pacientes de coronavirus que permanecen en unidades convencionais de hospitalización subiron nunha decena, ata os 215, aínda que os que están en unidades de coidados intensivos (UCI) descenderon a 51 --dúas menos--.

A cifra total de ingresados subiu en catro das sete áreas sanitarias. Na da Coruña-Cee, os hospitalizados por covid volven achegarse ao centenar ao situarse en 99 --catro máis--, dos que 22 están na UCI.

Tamén aumentaron na área de Vigo, a 65 --catro máis--, mentres se mantiveron en 12 os pacientes críticos; na de Ferol, a 21 --dúas máis--, pero os que están en coidados intensivos baixaron a tres --dous menos--; e na de Pontevedra-O Salnés, a 17 --un máis--, aínda que se mantiveron en catro os enfermos en UCI.

Pola súa banda, os centros da área de Ourense-Verín-O Barco non rexistraron variacións, xa que seguen sendo 24 os pacientes ingresados, dos que dous están en coidados intensivos.

Onde si descendeu a presión asistencial é na área de Santiago-Barbanza, con 24 hospitalizados --un menos--, cinco deles --un menos-- en UCI; e en Lugo-A Mariña-Monforte, con 16 ingresados --dous menos--, dos que tres --os mesmos que un día atrás-- están críticos. 


DDP56 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE