Hai 22 municipios con praia e ningún positivo na última semana e a maioría das cidades repuntan
Moitos galegos pregúntanse a esta hora onde pasar a ponte de San José. O nivel de coronavirus é un dos factores que algúns terán en conta á hora de elixir destino.
Moitos galegos pregúntanse a esta hora onde pasar a ponte de San José. O nivel de coronavirus é un dos factores que algúns terán en conta para elixir destino.
Afortunadamente, Galicia goza da menor taxa de contagios desde o verán, aínda que está a tocar fondo e de feito, hai concellos con incidencias elevadas. De entrada, a Vilardevós, Paradela e Maside non se poderá ir porque están perimetrados, aínda que si se pode atravesalos.
De eses tres , Vilardevós ten máis de 250 positivos por 100.000 habitantes nos últimos 7 días, por iso está en negro no mapa. Neda, Silleda e Cortegada tamén están no nivel de risco máximo do semáforo estatal de alertas, aínda que o caso de Silleda é peculiar, ao provir a maioría dos casos, 33 en concreto, dun asilo, polo que supón que o foco está controlado. Lembrar que o mapa de incidencia acumulada non se corresponde necesariamente co mapa de nivel de restricións, aínda que hai relación.
A mellor cara da moeda son para os municipios con menos de 10 diagnósticos por 100.000 habitantes na última semana, en verde no mapa. Non hai ningunha cidade aínda en verde e case ningunha vila.
O verde si domina na maioría do rural. Non só nas zonas máis despobladas das montañas do interior -como Ancares, Courel ou Macizo Central- tamén hai tramos costeiros con moi poucos diagnósticos recentemente. Sobre todo as comarcas da Mariña e Arousa.
Os municipios costeiros que levan unha semana sen ningún positivo, ou con menos de 10 por 100.000 habitantes, son Barreiros, Foz, Cervo, O Vicedo, Mañón, Ares, Cabanas, Malpica, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Corcubión, Carnota, Outes, Noia, A Pobra, Boiro, Catoira, Vilagarcía, Villanova, A Illa, Cambados e Baiona.
Lista de municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:
- Oleiros +1
- Redondela +1
- Culleredo +3
- Coruña (A) +4
- Pontevedra +5
- Ferrol +6
- Vigo +9
Relación de concellos cuxa suma de positivos na última semana baixa hoxe respecto a esa suma onte:
- Lugo -5
- Sarria -5
- Arteixo -3
- Ourense -3
- Moaña -3
- Ames -1
- Santiago de Compostela -1
- Silleda -1
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.
COMPARATIVA DE CIDADES
Desde o punto de vista semanal, hoxe só hai dúas cidades que baixan, que son precisamente as que teñen mellores niveis, Lugo e Santiago.
Desde o punto de vista a 14 días, tamén baixan A Coruña e Ourense. Iso si, A Coruña segue sendo con moito a cidade con peores cifras:
Vigo, cun +9, é a cidade que máis empeora en termos absolutos desde o punto de vista a sete días. A evolución olívica a 14 días tamén mostra un repunte, influenciada polo brote en parte do Hospital Álvaro Cunqueiro. É o terceiro día seguido que sobe a incidencia acumulada bisemanal en Vigo, algo que non lle pasaba desde o pico de finais de xaneiro. Con todo, para poñer as cousas en perspectivas, o nivel de contagios agora en Vigo é menos da mital do que había en vésperas de Nadal:
A cidade que máis baixa hoxe en termos absolutos e a que menos nivel de contagios ten é Lugo. O descenso lucense sufriu unha freada a finais de Febreiro polo brote de cepa británica no barrio de Paradai pero parece que o SERGAS soubo atallalo, pois desde entón a incidencia acumulada semana seguiu á baixa ata alcanzar o mínimo hoxe. Só 30 diagnósticos na cidade nas últimas dúas semanas e a tendencia segue á baixa, pois na última semana son 12. Se algunha urbe logra entrar no nivel de nova normalidade, con menos de 25 diagnósticos en dúas semanas, Lugo ten moitas papeletas de ser a primeira:
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
As curvas de infectados están case planas na maioría de distritos sanitarios. Hoxe só rebota nunha área, Vigo, pero as caídas de casos activos son cada vez máis leves.
A Coruña e Cee segue á cabeza con 1.028 --tras un descenso de 36--; seguida da de Vigo, con 484 --con 12 máis--; Santiago e Barbanza, con 279 --nove menos--; Ferrol, con 223 --nove menos--; Pontevedra e O Salnés, con 212 --dez menos--; Lugo, con 205 --cinco menos--; e a de Ourense mantense á cola con 155 --con 15 menos--.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA
En canto aos contagios diarios detectados con calquera tipo de proba baixaron lixeiramente a 146, tras os 148 detectados a xornada anterior. Deste xeito freouse a tendencia ascendente detectada desde o inicio da semana, cos 112 do luns e 122 deste martes.
Dos novos contagios, 122 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos cales 46 corresponden á área da Coruña e Cee; 41 á de Vigo; nove á de Pontevedra e O Salnés; oito á de Ferrol; outros oito á de Lugo; seis á de Santiago e Barbanza; e catro á de Ourense.
Por tanto, os contaxiados desde o inicio da pandemia en Galicia ascenden a 115.283, dos cales 27.898 corresponden á área da Coruña e Cee; 21.700, á de Vigo; 18.297, á de Santiago e Barbanza; 14.736, á de Ourense; 12.584 á de Pontevedra e O Salnés; 11.905, á de Lugo; e 8.163, á de Ferrol.
HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA
Os pacientes ingresados pola Covid-19 redúcense en todas as áreas sanitarias galegas, cunha maior caída na da Coruña e Cee onde, aínda que aumentan a 20 o críticos --un máis--, caen a 83 os que permanecen noutras unidades --sete menos--.
Pola súa banda, na de Ourese seguen dúas en UCI e descenden a 17 os que se atopan noutras unidades de hospitalización --catro menos--; mentres que na de Santiago e Barbanza baixan a seis o críticos --un menos-- e a 21 os doutras unidades --dúas menos--.
Tamén na de Ferrol redúcense a sete os pacientes Covid en críticos --un menos-- e descenden a 20 os que están noutras unidades de hospitalización --dúas menos--; mentres que na de Lugo mantéñense en cinco os ingresados en UCI e caen a 15 os doutras unidades --tres menos--.
Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés seguen sete pacientes Covid en UCI e redúcense a 11 os que se atopan noutras unidades --dúas menos--; mentres que na de Vigo mantéñense en 10 os críticos e baixan a 47 os doutras unidades --uno menos--.
Escribe o teu comentario