Falece unha profesora de 43 anos en España por un ictus tras recibir a vacina de Astrazéneca

Ambas se vacinaron coa vacina de AstraZeneca nos últimos 16 días. Así, o número de notificacións de sospeita de reaccións adversas presuntamente relacionadas en España elévase a tres.


|

A Junta de Andalucía non publicou por agora ningún dato sobre a morte. Con todo, a prensa local indica que a falecida é unha profesora, que acudiu a urxencias ás poucas horas de recibir a vacinación con dores de cabeza. Non lle deron importancia pensando que eran efectos secundarios normais da vacina. Uns días despois, foi hospitalizada con síntomas de ictus e morreu. 

Puxéronse segundo máis de 17 millóns de dósis na UE e o Reino Unido  e rexistráronse 37 "eventos" relacionados con ictus, segundo a compañía. Por agora, non hai evidencia científica que relacione as mortes coa vacina.


A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), dependente do Ministerio de Sanidade, está a estudar a morte este martes dunha muller de 43 anos de idade en Marbella (Málaga) que recibiu a vacina de AstraZeneca a principios deste mes.


Un sanitario administra a primeira dose da vacina AstraZeneca contra a Covid-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.


15.000 galegos de entre 50 e 55 anos recibiron a primeira dósis desta vacina o sábado, como esta muller na Cidade da Cultura, nunha foto da Xunta. Ademais, profesores, policías e outros colectivos foron vacinados con esta vacina, no caso de ser menores de 55.

Segundo informou o Ministerio de Sanidade, esta persoa sufriu un ictus isquémico con transformación hemorrágica que provocou o seu falecemento. Así mesmo, a AEMPS rexistrou outro caso de trombose venosa abdominal.


Ambas se vacinaron coa vacina de AstraZeneca nos últimos 16 días. Así, o número de notificacións de sospeita de reaccións adversas presuntamente relacionadas en España elévase a tres.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE