Videoconsultas co médico e tarxeta sanitaria dixitalizada no teléfono, así é a app SERGAS Móbil
Un modelo "mixto" entre a asistencia presencial e telemática é a idea que quere impulsar o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e, para iso, lanzou unha nova aplicación --xa dispoñible para dispositivos appel e android-- coa que se poden realizar desde consultas co médico de atención primaria a través de videollamada, como facer consultas do historial, revisar as citas pendentes ou ler os informes médicos.
A nova aplicación da Xunta permite consultar co médico mediante vídeo nalgúns casos e tamén serve para conseguir medicamentos na farmacia
Unha das principais novidades da aplicación fronte á versión que xa existía do e-saúde é a dixitalización da tarxeta sanitaria, o que permite realizar todas as xestións habituais sen ter que portar fisicamente o documento. Ademais, pódense engadir outras tarxetas sanitarias de pacientes autorizados (como poden ser fillos ou maiores dependentes).
NON VALEN PANTALLAZOS NA FARMACIA
Sobre este punto, hai que puntualizar que para poder retirar receitas da farmacia é necesario levar o aplicativo, é dicir, non serve unha foto da tarxeta sanitaria ou un pantallazo da aplicación.A Consellería de Sanidade defende o modelo "mixto, de forma transversal e eficaz" e apela a que boa parte dos maiores xa contan cun dispositivo móbil, así como "os fillos poden realizar as xestións dos seus pais se teñen o seu consentimento". Fuentes da Consellería de Sanidade entenden que aínda existe a fenda dixital en Galicia, pero remarcan que se trata dunha "ferramenta máis" e perviven ambos os modelos, o "tradicional e o moderno".
FUNCIÓNS
A nova aplicación permite ter a tarxeta sanitaria no móbil, realizar unha videoconsulta, pedir cita previa, localizar no mapa os centros hospitalarios e de saúde, recibir información sobre o lugar da consulta hospitalaria ou no centro, facer 'check in' á chegada do centro, consultar historia clínica e historial de vacinas I consultar a medicación activa
O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, destacou que o Sergas "se está modernizando" e que, para este ano, reservou unha partida de 18 millóns de euros para renovación de equipos informáticos.
Na presentación desta app, o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías de Información, Benigno Rosón, explicou os detalles da aplicación e realizou unha videoconferencia en directo para visualizar as consultas a través de videollamada.
Ademais, explicou tamén a posibilidade de que toda a poboación acceda á información básica unicamente cun certificado a través de sms no móbil ou a toda a historia médica, se conta coas claves de seguridade que outorga a Xunta, a chave 365, que se pode solicitar no propio centro de saúde ou outras dependencias da Administración autonómica.
MELLOR QUE O TELÉFONO
Na proba realizada, o médico que participou na videollamada destacou como "vantaxes" a posibilidade de ter un contacto máis próximo co paciente que a simple chamada de teléfono e tamén remarcou que permite "aforrar custos de desprazamento" para moitos cidadáns que teñen dificultades de acudir ao centro de saúde.Alberto Fuentes subliñou que "a xente maior púxose moi ao día" en tecnoloxía e indicou que hae 200.000 cidadáns que teñen acceso á seguridade alta.
Escribe o teu comentario