​O Obra, que encadea seis derrotas seguidas, mira ao abismo do descenso

Os de Moncho Fernández non foron capaces de recuperar a forma despois de estar parados pola Covid-19.


|

Os de Moncho Fernández non foron capaces de recuperar a forma despois de estar parados pola Covid-19.


Obra

O Obra só gañou dúas dos seus últimos 16 partidos | Fotos: @OBRADOIROCAB


Corren malos tempos no Fontes do Sar. O pavillón santiagués non viu gañar aos seus desde hai mes e medio, cando se impuxo con solvencia ao Bilbao Basket. Era o prometedor regreso dun equipo paralizado pola crise sanitaria, xa que un brote levou ao club ao dique seco durante todo o mes de xaneiro. Sen tempo que perder, o CAB Obradoiro tivo que recuperar os partidos aprazados, pero neste bulebule de partidos non logrou atopar a forma desexada.


Baskonia, Estudantes e Tenerife marcháronse da capital galega cun valioso botín, especialmente no caso dos madrileños, rivais directos do cadro compostelán na pelexa pola permanencia. Na mesma liña, as visitas dos de Moncho Fernández a Badalona, Andorra e Zaragoza saldáronse con tres duras derrotas que afastan ao club do obxectivo.


O Obra bota moito en falta a Pepe Pozas na dirección, que se perderá o que resta de campaña, pero tamén á mellor versión dun equipo que só gañou dous dos seus últimos 16 duelos. A pesar de que o inicio de tempada foi prometedor, o certo é que agora, aínda que aínda ten partidos de desvantaxe cos seus competidores, está a só unha derrota de caer ao pozo.


Como caer á LEB Oro comeza a ser un risco moi real, no Obra necesitan dun verdadeiro golpe de efecto para remontar esta situación. O primeiro paso será gañar a Unicaja este sábado e tratar de dar a badalada ante o Real Madrid entre semana. Con todo, iso só será a antesala do verdadeiro reto: superar a Guipuzkoa e Fuenlabrada en dous enfrontamentos a domicilio ante rivais directos é o gran obxectivo a curto prazo, xa que será o que marque en gran medida a tempada.    

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE