Feijóo: "Estamos convencidos de que seguiremos coa vacina de AstraZeneca máis pronto que tarde"

Sinala que Galicia centrarase agora "de forma máis intensa" en vacinar a maiores de 80 anos con Pfizer

|

O presidente do Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade despois de que España paralizase as vacinacións co fármaco de AstraZeneca cando a comunidade xa comezara a vacinar ás persoas de entre 50 e 55 anos.


Deser o SERGAS manifestaron que non se rexistrou "ningunha reacción adversa" en Galicia tras fornecer 96.900 dose de Astrazeneca. Sanidade recalca que se paraliza de forma "cautelar" e "temporalmente".


Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello de la Xunta.


Alberto Núñez Feijóo | Foto: EP


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, móstrase favorable á suspensión da vacina de AstraZeneca por "unha cuestión de precaución" e "prudencia", pero espera que "pronto se despexen as dúbidas dalgún efecto secundario que produce" a súa administración.


"Estamos convencidos de que seguiremos con esa vacina máis pronto que tarde", afirmou Núñez Feijóo, esta tarde de luns, a preguntas da prensa.

Así, di "lamentar profundamente" que se produza esta suspensión de dúas semanas, dado que "soamente" vaise a poder dispensar a vacina de Pfizer, pois se reciben "moi poucas doses" de Moderna. Con todo, agarda que as vacinas de Janssen e Novavax "poidan ser autorizadas en próximas semanas".

"É unha mágoa porque tiñamos lanzada esa vacina", di sobre AstraZeneca. Explica que a súa administración a menores de 55 anos "ía compasar" coas vacinas de Pfizer para os maiores de 80. "Agora ímonos a cinguir aos maiores de 80 de forma máis intensa", agrega.

Igualmente, quixo mandar unha mensaxe de "tranquilidade" sobre Astrazeneca, pois apunta que "os efectos secundarios están medidos". "Non hai ningunha mensaxe de preocupación coa información que temos ata o de agora, se houbese algunha mensaxe de preocupación, por suposto que seriamos os primeiros en difundila", apunta.

Incide nun principio de prudencia, á vez que lembra que se fai un "seguimento" de todas as persoas vacinadas, polo que estarán "moi atentos" por se hai "algún efecto secundario".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE