23 positivos entre alumnos dun colexio privado nun brote con probable transmisión escolar en Ferrol

Os casos detectados nas probas, que aínda seguen adiante, motivaron o peche de catro clases

|

Na listaxe do SERGAS onte, había 5 positivos no colexio dos Pais Mercedarios. Hoxe son case cinco veces máis, 23, segundo as fontes da Xerencia local. Con todo, na listaxe oficial de hoxe só aparecen 10.


Segundo acaba de publicar a dirección, hai 3 positivos en Bacharelato e 20 positivos en ESO. Non hai ningún traballador afectado.


O colexio seguirá funcionando mentres se completa o cribado, pero hai catro aulas pechadas, que pasan a teledocencia


Colexio Tirso de Molina de Ferrol nunha imaxe de Google Street View



Un cribado levado a cabo pola Consellería de Sanidade no colexio Tirso de Molina de Ferrol destapou 23 casos positivos en covid-19, todos eles asintomáticos.


PODE HABER MÁIS POSITIVOS
As probas iniciáronse o xoves e finalizarán este venres, cando se completará o diagnóstico de 390 estudantes e profesores.

Fonte consultadas por Europa Press aseguran que todos os positivos detectados son asintomáticos e entre eles non está afectado ningún profesor.

Esta situación derivou en o peche de catro aulas deste centro educativo privado situado no barrio da Magdalena, na rúa Arce, onde se imparten ensinos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.


A dirección do centro acaba de publicar un comunicado no que indica que os niveis de Primaria e Intantil non están afectados por agora  e seguirán funcionando con normalidade:






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE