Covid municipios: A Coruña segue rebotando e a melloría desaparece de case todas as cidades


O descenso de casos de coronavirus terminou na maioría das zonas urbanas. O cambio de tendencia chega cando só tres (Lugo, Santiago e Pontevedra) lograran descender a nivel de risco baixo (en amarelo no mapa).


|

O descenso de casos de coronavirus terminou na maioría das zonas urbanas. O cambio de tendencia chega cando só tres (Lugo, Santiago e Pontevedra) lograran descender a nivel de risco baixo (en amarelo no mapa).

,

Tampouco ningunha das vilas máis poboadas como Vilagarcía ou Narón, ha logrado aínda pintarse de verde, o nivel de nova normalidade, para o que hai que conseguir menos de 10 casos por 100.000 habitantes á semana.


O SERGAS acaba de incorporar a Paradela, Vilardevós e Pontecesures á lista de municipios con máximas restricións. Todos eles están no grupo de municipios cunha incidencia acumulada semanal superior a 500, en negro no mapa.  Iso si, importante lembrar que este mapa de incidencia a sete días non coincide cos niveis de restricións que actualiza a Xunta dúas veces por semana, aínda que loxicamente están relacionados:



Municipios cuxo cómputo de positivos a 7 días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Santiago de Compostela +1
  • Cangas +1
  • Moaña +1
  • Cambre +2
  • Ferrol +2
  • Naron +2
  • Pontevedra +5
  • Coruña (A) +16



A relación de concellos cuxa suma de positivos en semanal  baixa hoxe respecto a a mesma suma onte é:



  • Ourense -10
  • Culleredo -5
  • Arteixo -3
  • Oleiros -3
  • Marin -3
  • Poio -1
  • Redondela -1
  • Vigo -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.


EVOLUCION EN CIDADES


Das sete urbes do país, a incidencia acumulada semanal sobe en catro. Só baixa en Vigo e Ourense. Os peores datos seguen sendo para A Coruña, que case multiplica por 10 o nivel da cidade con menores cifras, Lugo:




Con tantos repuntes non é de estrañar que a incidencia semanal de Galicia entre en meseta. A 14 días Galicia aínda baixa, en parte porque a 14 días só hai unha cidade que repunta, A Coruña:




A situación máis problemática é outra vez na Coruña, de feito o SERGAS acaba de anunciar un enorme cribado masivo alí, con máis de 150.000 mostras . Non só por ser a urbe que máis repunta, tamén por ser a cidade que parte de peores niveis. No mapa da incidencia semanal apréciase que é a unica que segue en risco alto (en vermello claro no mapa).


A melloría da Coruña empezou a desaparecer a finais de febreiro. No últimas seis xornadas, a incidencia acumulada a 14 días só baixou nunha. O rebote é por agora de pouca consideración, pois o fondo foi unha incidencia de 223 e agora está en 227. O verdadeiramente preocupante é o evidente cambio de tendencia:




O problema non é exclusivo da cidade. Todo o distrito sanitario ten as incidencias semanal e bisemanal á alza, por pouco, pero subindo:




A Coruña é a única área sanitaria con ambas as incidencias á alza. Santiago, Ferrol e Pontevedra tamén teñen subindo a incidencia semanal.


A cidade Santiago de Compostela tamén empeza a sufrir o que parece o principio de un repunte, aínda que máis leve e recente que o da Coruña. A súa incidencia acumulada a 7 días leva dous días seguidos subindo. A 14 días aínda non crece, pero está estancada nunha meseta con lixeiras subidas e baixadas:






EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A cantidade de infectados baixa en todos os distritos sanitarios hoxe.  Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso na Comunidade galega, con 165 menos, e sitúanse en 3.257.




De novo, volven descender nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee como a única que supera o milleiro ao contar con 1.196. Pola súa banda, salvo a de Vigo, que rexistra 573; o resto teñen menos de medio milleiro de casos activos. Deste xeito, a de Pontevedra e O Salnés ten 419; a de Santiago e Barbanza, con 357; a de Ferrol, con 260; a de Lugo, con 244; e a de Ourense concentra 208.



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

 En canto aos contagios detectados con calquera tipo de proba aumentaron en 168 --tras iniciar a semana con 88 e rexistrar este martes 152--, dos que 142 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.





Deses 142 positivos, 68 corresponden á área da Coruña e Cee; 23 á de Vigo; 16 á de Ferrol; 15 á de Pontevedra e O Salnés; nove á de Santiago e Barbanza; seis á de Lugo; e cinco á de Ourense. 


HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Os hospitalizados con este coronavirus aumentaron en tres das sete áreas sanitarias. En concreto, na de Pontevedra e O Salnés aínda que seguen nove persoas en UCI, soben a 23 as ingresadas noutras unidades --tres máis--; mentres que na da Coruña e Cee os críticos caen a 29 --un menos--, pero increméntanse a 112 os doutras unidades --tres máis--.

Tamén na de Ferrol os pacientes con Covid-19 ingresados en UCI soben a seis --uno máis--, mentres que os que permanecen noutras unidades mantéñense en 28.

Por contra, descenden os hospitalizados na área de Santiago e Barbanza, onde os críticos mantéñense en sete, pero caen a 40 os que se atopan noutras unidades --cinco menos--; mentres que na de Lugo os ingresados en UCI seguen en seis e redúcense a 20 os doutras unidades --dúas menos--.

En canto á de Vigo, aínda que os pacientes con Covid en UCI mantéñense en 16, caen a 44 os doutras unidades --uno menos--; e na área de Ourense hai catro en críticos --sen cambios-- e 22 noutras unidades ---uno menos--. 



SfcO6 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE